CHEGAN AS FESTAS DA ASCENSIÓN
A Festa grande de Compostela
(22/05/2006) Xunto co día de Santiago Apóstolo, a Ascensión da Virxe son as grandes festas compostelás, cando toda a comarca se xunta na Alameda para botar unhas pezas ao son das orquestras, subir nas atraccións e comer churros. Do 24 ao 27, concertos, pasarrúas e cabezudos, muiñeiras e comelladas, para todos e todas.
Muchachito Bombo Infierno
Ca lúa
Moitos levan todo o ano agardando por estas datas, este ano tan contra o final de maio. A primavera ten en Compostela unha data moi sinalada: despois das Feiras do Libro e a Semana das Letras, antes das cacharelas de San Xoán e as festas de barrios como San Pedro ou Fontiñas, que virán en xuño, a Ascensión é o momento para gozar das mellores orquestras e de moitos estilos máis de música, sobre todo da muiñeira no seu Día, para mercar paquetes de churros ou de améndoas, para subir aos coches de choque ou probar sorte nas tómbolas...
Moitos levan todo o ano agardando por estas datas, este ano tan contra o final de maio. A primavera ten en Compostela unha data moi sinalada: despois das Feiras do Libro e a Semana das Letras, antes das cacharelas de San Xoán e as festas de barrios como San Pedro ou Fontiñas, que virán en xuño, a Ascensión é o momento para gozar das mellores orquestras e de moitos estilos máis de música, sobre todo da muiñeira no seu Día, para mercar paquetes de churros ou de améndoas, para subir aos coches de choque ou probar sorte nas tómbolas...
Para botar unhas pezas...
É o momento de poñerse as mellores galas para ir mocear ao "campo da festa." Neste caso, o torreiro é a Alameda enteira, no seu Paseo central ou baixando até o Campus Sur. Os e as que non tivesen sorte o martes pasado no
Concerto pola Lingua, co seu sistema de mensaxiñas amorosas proxectadas nunha pantalla, teñen a gran oportunidade coas míticas
París de Noia, o mércores pola noite, e
Panorama o xoves. O venres estarán Tango, e o sábado,
Cunter´s.
Para os que prefiran outros estilos, non haberá queixa: outro tipo de pachanga é posíbel, como van demostrar Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno o
mércores no Campus Sur. Outro tipo de rock pop con reminiscencias irlandesas vén da man dos valisoletanos
Celtas Cortos, reunidos de novo logo da marcha de Jesús Cifuentes no 2002. A cita, no mesmo sitio, o xoves ás 23:00.
E xa que falamos de folc, ese mesmo
día teremos aos gañadores do VII Certame Folc Radio Obradoiro, Dani Bellón e Diego Maceiras. O venres gozaremos da música de
Ca Lúa, e tamén teremos
pasarrúas de gaiteiros pola zona vella, e concertos da
banda municipal. Impredoábel para os amantes da nosa música perderse as actuacións do Día da
Muiñeira! Grupos de toda a comarca daranse cita o sábado para desfilaren polas rúas, contando con que ás oito haberá festa infantil, e ás once unha intensa foliada no Toural.
Cambiando totalmente de terzo, outro concerto nada desdeñábel é o de Frank T, Arianna Puello e os locais Actos Urbanos. Hip hopeiros e hip hopeiras compostelás teñen unha cita o
venres no Campus Sur. E por último, teremos tamén blues a primeira noite: o británico
Paul Camilleri estará no Toural a partir das once.
Para o goce dos máis pequechos... e dos maiores
Non han faltar posibilidades para que os cativos se divirtan: ademais das atraccións da feira, poden gozar de festas pensadas para eles e elas, como a do Día da Muiñeira, o do
venres, ou a actuación dos Colombaíños o
xoves: os pallasos da compañía sorprenderán aos pícaros cos zancos, malabarismos e acrobacias, e sacarán o riso a máis de un. Tamén, sempre e cando non pasen medo, poden rir a cachón nos desfiles de xigantes e cabezudos...
E para os maiores hai un día expresamente reservado: o sábado poden asistir a unha festa como as de sempre, en
Amio: cabezudos e pasarrúas dan paso a un xantar popular, seguido de baile. A orquestra "Os trovadores" ha espertar as ganas de botar pasodobres, salsas, muiñeiras, mambos...
E ademais...
Os amantes dos cabalos e do deporte tradicional poden aproveitar o xoves, día da
Feira Cabalar: no Mercado de Gando de Salgueiriños poderán participar as bestas máis potentes: haberá un concurso de doma e ponis para que os máis pequenos vaian exercitándose na arte de montar.
E tampouco ha faltar o xa tradicional
Campionato de Chave: venres e sábado daranse cita na Alameda expertos e expertas deste xogo popular, que se practica, baixo diversas variantes, en todas as comarcas galegas. Xa poden ir quecendo os pulsos para lanzar os pellos con estilo e atinar...
En resumo, música para todos os gustos, dende rapeiros a tradicionais pasando por rockeiros ou amantes da salsa, actividades para todas as idades e todos os estilos. Compostela está en festa. Xa podemos írmonos poñendo as mellores galas e saír ao torreiro a bailar...