Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > 'Xogos sobre o papel'
biblio
Horario:

2 de xullo de 2009 - 9 de xullo de 2009
12:30

Lugar:

Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701
Teléfono: 981 59 34 67

'Xogos sobre o papel'

Biblioteca da Fundación Caixa Galicia

A Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela ábrelle as portas aos nosos pequenos cun divertido obradoiro sobre pasatempos. Con 'Xogos sobre o papel' os nenos e as nenas aprenderán numerosas maneiras de o pasar en grande tan só coa axuda de papel e lapis.

Encrucillados, sopas de letras, animais, música, deportes, alimentos, insectos e moito máis agarda por nós na biblioteca compostelá. Porque hai moitos xeitos de gozar do tempo de lecer poñendo a andar a nosa imaxinación!

A partir dos 6 anos.

O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.