Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Última xornada da VII Escola...
Escola-de-verán
Horario:

23 de xuño de 2009 - 30 de xuño de 2009
09:30 - 11:30

Lugar:

Varios espazos

Última xornada da VII Escola Municipal de Verán

Varios espazos

Na xornada de hoxe remata a VII Escola Municipal de Verán, cuxas actividades comezaron o 23 de xuño. Este programa, ademais dunha completa oferta lúdica e educativa, está na liña da Concellería de Educación para conciliar a vida laboral e familiar.

Máis de 300 nenos participarán nesta edición da Escola Municipal de Verán, nun espazo de encontro e de lecer, cunha oferta pensada especialmente para o tempo de vacacións. Ao tempo, rendibilízanse os equipamentos escolares como espazos de aprendizaxe.

O programa configúrase en varias áreas, entre as que destacan os obradoiros de educación ambiental, con actividades como a construción de instrumentos musicais, a olimpiada do lixo ou os roteiros por zonas de interese, entre outros. No eido das artes plásticas, traballarase con diferentes técnicas (pintura, debuxo, papel maché) con fin de desenvolver a sensibilidade estética dos rapaces e rapazas.

A parte máis lúdica chegará da man dos grandes xogos e das actividades deportivas, e tamén dos xogos tradicionais, entre os que non falarán a corda, o trompo ou o diábolo. A todo isto hai que engadir sesións de contacontos e obradoiros de oralidade e escrita, entre outras actividades.

Poden participar na Escola Municipal de Verán nenos entre os 6 e os 12 anos. Os de 5 anos poderán participar sempre e cando un irmán/á estea inscrito e asista tamén. Ademais, no CEIP das Fontiñas habilitarase un espazo adaptado para os nenos e nenas de 3 a 5 anos. O impreso de inscrición deberá entregarse nas recepcións dos propios centros escolares.

As actividades desenvolveranse entre as 9:30 es 13:30 horas nos centros López Ferreiro, Fontiñas, Pío XII e Colexiata do Sar. Os monitores pertencen a Centro Don Bosco, Asociación Xuvenil da Cruz Vermella, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e Fundación Fesán.

Documentos relacionados:
O que vai vir
  • Os primeiros xogos 10/02/2010

    Baixo o título Os primeiros xogos, o Centro Sociocultural As Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.
  • Xogamos co francés 12/02/2010

    O Centro Sociocultural de Fontiñas convida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos a divertirse mentres aprenden francés.
  • Montando 'O soño dunha noite de verán' 12/02/2010

    Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro.
  • Talleres de iniciación ao circo para nenos 13/02/2010

    Circonove, nave de circo, organiza cada sábado os Talleres de Inciación ao Circo dirixidos a nenos e impartidos por profesionais. Malabares, acrobacias, aéreos e clown, son algunhas das actividades que se ensinarán aos máis pequenos adaptadas para idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
  • 'Dar no cravo', xogo de preguntas e respostas no Ultramarinos 15/02/2010
    Bar Ultramarinos
    O bar Ultramarinos ofrece unha nova alternativa para as noites do luns en Compostela. Trátase de 'Dar no cravo', un xogo de preguntas e respostas para participar en grupo onde as risas están garantizadas.