Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Ultranoite Vía Láctea
Sala Nasa
Horario:

10 de xullo de 2009 - 11 de xullo de 2009
23:00

Lugar:

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

Prezo:

9 €. 7€, Estudantes, parados/as e por Internet. 5€ Tripulantes da Sala Nasa.

Horario:

17 de xullo de 2009 - 18 de xullo de 2009
23:00

Lugar:

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

Prezo:

9 €. 7€, Estudantes, parados/as e por Internet. 5€ Tripulantes da Sala Nasa.

Ultranoite Vía Láctea

Sala Nasa

A Sala Nasa celebra unha das súas tradicionais ultranoites que xirará ao redor da 'Vía Láctea', un cabaré colectivo para bufonear cos temas que están quentando este verán.

Linguas afiadas, folga do metal, parálise do goberno, marcas brancas, eres, kakás e moito, moito leite derramado. Se para chegar a Compostela hai que seguir a Vía Láctea, desta vez haberá que facer o camiño en tractor seguindo o regueiro das marcas brancas antes cas amarelas.

Coa participación de Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Xron, Iria Pinheiro, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Arantza Villar, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Fredi Circanelo, Pablo Trasno, Berrobambán, David Perdomo, Lois Blanco e o regreso da Década... Lactosa!

O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.