Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Roteiros polos ríos e vía...
Ríos
Horario:

1 de xullo de 2009 - 31 de agosto de 2009
Días da semana: Xoves
11:00

Lugar:

Varios espazos

Horario:

28 de xullo de 2009
11:00

Lugar:

Varios espazos

Horario:

18 de agosto de 2009
11:00

Lugar:

Varios espazos

Roteiros polos ríos e vía verde

Varios espazos

Vive o Verán! achégase aos espazos máis salvaxes e naturais da nosa cidade: os ríos e sendeiros. Os roteiros polas ribeiras dos cursos de auga que regan a cidade teñen o obxectivo de dar a coñecer e poñer de manifesto a súa importancia e significado, cunha duración de 2 ou 3 horas, segundo o roteiro.

Os roteiros desenvolveranse os xoves dos meses de xullo e agosto, con saída ás 11.00 horas da mañá.

9 de xullo: Río Sarela I. Saída da Ponte de Romaño (na para do Bus liña 4) a ponete do Asen. Roteiro duns 3 kilómetros de percorrido e á volta de 1 horas e media de duración.

16 de xullo: Santa Lucía. Saída e regreso á ermida de Santa Lucía seguindo pola beira do río Aríns. Na parada de Bus Liña SL, parada no cruce coa estrada San Xulián de Sales.

23 de xullo: Río Sarela II. Saída da ponte de Lermo, até a Ponte Sarela. Uns 4 kilómetros de percorrido e á volta de 1 horas e media de duración.

28 de xullo: Vía Verde Verdía. Ríos Tambre e Sionlla. Parte da antiga estación do tren de Verdía para percorrer o antigo trazado da vía férrea. Aproximadamente 5 kilómetros de percorrido. Duración aproximada, dúas horas. Percorrido moi duro pola tipoloxía do firme, recoméndase levar calzado apropiado.

30 de xullo: Río Tambre I. Saída da área recreativa de Chaián. Uns 5 kilómetros de percorrido entre ida e volta e arredor 2 horas de duración.

6 de agosto: Río Sarela I. Saída da Ponte de Romaño (na para do Bus liña 4) a ponte do Asen. Roteiro duns 3 kilómetros de percorrido e á volta de 1 horas e media de duración.

13 de agosto: Río Tambre II: Saída da ponte de Sigüeiro e camiño até a illa do refuxio de Barciela. Uns 4 kilómetros de percorrido ente a ida e a volta. Aproximadamente unha hora e media de duración. A empresa de transporte Monbús Castromil fai parada en Sigüeiro.

18 de agosto: Río Tambre I. Saída da área recreativa de Chaián. Uns 5 kilómetros de percorrido entre ida e volta e arredor 2 horas de duración.

20 de agosto: Río Sarela II. Saída da ponte de Lermo, até a Ponte Sarela. Uns 4 kilómetros de percorrido e á volta de 1 horas e media de duración.

27 de agosto: Santa Lucía. Saída e regreso á ermida de Santa Lucía seguindo pola beira do río Aríns. Na parada de Bus Liña SL, parada no cruce coa estrada San Xulián de Sales.

O que vai vir
  • Os primeiros xogos 10/02/2010

    Baixo o título Os primeiros xogos, o Centro Sociocultural As Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.
  • Xogamos co francés 12/02/2010

    O Centro Sociocultural de Fontiñas convida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos a divertirse mentres aprenden francés.
  • Montando 'O soño dunha noite de verán' 12/02/2010

    Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro.
  • Talleres de iniciación ao circo para nenos 13/02/2010

    Circonove, nave de circo, organiza cada sábado os Talleres de Inciación ao Circo dirixidos a nenos e impartidos por profesionais. Malabares, acrobacias, aéreos e clown, son algunhas das actividades que se ensinarán aos máis pequenos adaptadas para idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
  • 'Dar no cravo', xogo de preguntas e respostas no Ultramarinos 15/02/2010
    Bar Ultramarinos
    O bar Ultramarinos ofrece unha nova alternativa para as noites do luns en Compostela. Trátase de 'Dar no cravo', un xogo de preguntas e respostas para participar en grupo onde as risas están garantizadas.