Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Achégate aos Sábados no...
Belvís
Horario:

1 de xullo de 2009 - 31 de agosto de 2009
Días da semana: Sábado
11:00 - 13:00

Lugar:

Parque de Belvís

Achégate aos Sábados no Parque de Vive o Verán!

Parque de Belvís

O programa de actividades estivais Vive o Verán! ofrece actividades matinais para toda a familia no parque de Belvís, con obradoiros de manualidades abertos a todas as idades e unha sesión de contacontos para os máis pequenos a partir das 12.00 horas.

En caso de choiva as actividades celebraranse no Centro Sociocultural das Fontiñas.

O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.