Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > NanoNasa. Campamento cultural de...
Nasa astronauta
Horario:

29 de xuño de 2009 - 10 de xullo de 2009
10:00 - 14:00

Lugar:

Sala NASA
(Prezo (inclúe materiais e almorzos): 100€. Tripulación: 80€. En caso de irmáns, a cota será de 80 € cada un.)
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

NanoNasa. Campamento cultural de verán

Sala Nasa

A Sala Nasa organiza un entretido campamento cultural de verán no que os nenos de 6 a 11 anos poderán atopar unha divertida aproximación ao teatro, a música, o cinema e a natureza urbana.

Contidos:

• Música: obradoiro de construción de instrumentos musicais inventados, elaboración de contos musicais
• Teatro: a través de xogos participativos traballarase co corpo e o movemento, coa voz, co espazo e os obxectos en escena e coa creación de personaxes (xestualidade, caracterización),
• Cine: proxeccións comentadas de filmes de Charles Chaplin e Carroll Ballard (The Black Stallion).
• Artistas convidados: Como remate de cada xornada, contaremos coa visita dun artista convidado, que compartirá cos nenos e nenas a súa experiencia. Actores, actrices, magos, músicos, mimos, malabaristas, maquilladoras, bailarinas vencelladas á actividade habitual da sala NASA como Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, o mago Romarís, Paula Carballeira, Xacobe Martínez Antelo, Pablo Trasno, Fredi Circanelo, Fanny Bello.
• Natureza: aproveitando a proximidade do Campus Universitario farase unha visita-paseo polo parque para coñecer in situ as súas árbores vencelladas a lendas e tradicións.

Público: nenos e nenas entre 6 e 11 anos, organizados en dous grupos: 6 a 8 anos e 9 a 11 anos. Inscricións até o 25 de xuño

O que vai vir
  • Os primeiros xogos 10/02/2010

    Baixo o título Os primeiros xogos, o Centro Sociocultural As Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.
  • Xogamos co francés 12/02/2010

    O Centro Sociocultural de Fontiñas convida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos a divertirse mentres aprenden francés.
  • Montando 'O soño dunha noite de verán' 12/02/2010

    Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro.
  • Talleres de iniciación ao circo para nenos 13/02/2010

    Circonove, nave de circo, organiza cada sábado os Talleres de Inciación ao Circo dirixidos a nenos e impartidos por profesionais. Malabares, acrobacias, aéreos e clown, son algunhas das actividades que se ensinarán aos máis pequenos adaptadas para idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
  • 'Dar no cravo', xogo de preguntas e respostas no Ultramarinos 15/02/2010
    Bar Ultramarinos
    O bar Ultramarinos ofrece unha nova alternativa para as noites do luns en Compostela. Trátase de 'Dar no cravo', un xogo de preguntas e respostas para participar en grupo onde as risas están garantizadas.