Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Exposición de arte postal na...
arte postal
Horario:

3 de xuño de 2008 - 30 de xuño de 2008

Lugar:

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII, s/n 15704.
Teléfono: 881999401

Prezo:

De balde.

Exposición de arte postal na Biblioteca Pública Ánxel Casal

Biblioteca Pública Ánxel Casal

A Biblioteca Pública Ánxel Casal organiza unha mostra de arte postal comisariada por Manoel Bonabal que incluirá un obradoiro coa mesma temática entre os días 12 e 14 de xuño.

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolle este mes unha exposición de arte postal. A mostra inclúe 121 obras orixinais chegadas por envío postal a Santiago, realizadas por artistas de 22 países de todo o mundo. A exposición foi comisariada polo artista galego Manoel Bonabal. Inaugúrase mañá ás 20:00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de xuño.

A arte postal ou mailart é un movemento xurdido na década de 1960 na forma dunha rede mundial aberta na que participan artistas moi diversos que envían as súas obras pictóricas ou fotográficas no formato de carta ou postal, e hoxe en día tamén como correo electrónico.

As obras que se expoñen na Biblioteca Ánxel Casal son o resultado dunha convocatoria feita por Manoel Bonabal en marzo deste ano e á que en dous meses e medio se adscribiron máis dun cento de artistas de Europa, América, Asia e África. Por correo postal ou electrónico enviaron as súas obras, nas que representan os seus propios talleres artísticos.

Obradoiro
En paralelo á exposición, a Biblioteca Ánxel Casal realiza un obradoiro de arte postal, no que se pretende fomentar a creatividade artística ligada ao envío de correo e dar a coñecer as características do mailart, como movemento artístico de carácter popular.

O obradoiro impartirao Manoel Bonabal os días 10, 11 e 12 de xuño de 18:30 a 20:30 horas, e é gratuíto.

O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.