Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > II Congreso de Ensinantes de...
Asociación Galega de Gaiteiros
Horario:

7 de decembro de 2007 - 9 de decembro de 2007

Lugar:

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:

A inscrición ten un custo de 10 € para socios da AGG, da AS-PG, afiliados á CIG e estudantes e de 25 € para outros interesad@s.

II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega

Asociación de Gaiteiros Galegos

O Auditorio de Galicia acolle os días 7, 8 e 9 de decembro a segunda edición deste congreso que tenta acadar a noramlización da cultura musical de Galiza. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego e vai dirixido a todo tipo de docentes e interesados.

O obxectivo fundamental deste congreso é reunir ós principais actores do ensino da música e baile tradicional nun marco que permita a discusión das futuras liñas a seguir, para que o noso patrimonio musical sexa posto en valor e transmitido dun xeito moderno e eficaz ás novas xeracións. Nesta ocasión, ademais de tratar a situación do ensino da música tradicional nas escolas de música, conservatorios e asociacións culturais, os relatores centraranse especialmente no ensino obrigatorio. O futuro das nosas tradicións, da nosa música, a nosa lingua, canto e baile, pasa inevitablemente pola transmisión destes coñecementos ás novas xeracións, para que saiban conservalos e respectalos.
Este relevante congreso está patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, así como pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela. Na súa organización colaboran a AS.PG e a CIG, xunto coas Universidades de A Coruña e Vigo.
Nel poderanse escoitar un total de cinco relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como os "coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable"; "xogos populares e tradicionais galegos"; así como a "aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional". Tamén haberá obradoiros prácticos como por exemplo un "taller de construcción de xoguetes sonoros" ou "cantigas para os máis pequenos". Estes relatorios e obradoiros alternaranse con mesas redondas onde se debaterán temas relacionados coa música tradicional, e ademais presentaranse as comunicacións seleccionadas entre as propostas recibidas para este congreso.

Para calquera dúbida ou para solicitar máis información poden poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos no 986 847 074 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

O que vai vir