Compostela cultura

Estás en: Axenda > Varios > Festa Arredema no Principal
Captura de pantalla da nova web
Horario:

8 de xuño de 2007
21:00

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Prezo:

5 €

Festa Arredema no Principal

Varios artistas

Varios artistas galegos danse cita nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, co fin de recadaren fondos para o novo proxecto de Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país. Gozaremos da presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos Santiago.

O aloxamento de webs, a libre distribución de creacións artísticas e o desenvolvemento de proxectos sociais e culturais son algúns dos servizos que ofrece Arredemo ao tecido sociocultural galego. A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta así públicamente o seu terceiro proxecto, despois de case catro anos de actividade, nos que se constituíu como unha referencia dentro dos movementos sociais e culturais galegos. A festa é o primeiro acto dunha campaña destinada a impulsar a creación do novo Portal de Comunicación, xa en fase de deseño e construción, e conta coa participación desinteresada dos artistas convidados.

O que vai vir
  • Visita aos balcóns de Compostela 07/09/2010

    Dentro do programa de actividades Vive o Verán, organízase unha visita guiada aos balcóns de Compostela, dende onde se poden admirar vistas da cidade dende o alto. Percorreranse a Casa do Concello, a Facultade de Historia e o Centro Sociocultural da Trisca. Partirase do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro.
  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros 09/09/2010

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
  • Obras Públicas presenta 'Life is a paripé' 10/09/2010

    César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.
  • Xogos populares na Alameda 12/09/2010

    Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
  • Haití, 9 meses despois 14/09/2010

    Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.