Asoaciación Cultural Casco Vello-Libredón
A Chocolataría acolle durante dous días os I Encontros de Xogos de Rol e de Estratexia 'Ludus Stellae'.
Organiza:
Asociación de Tempo Libre Casco Vello-Libredón
Patrocina:
Concellaría de Cultura
A Chocolataria
Colaboran:
A Gata Tola
Amarouk Estudio
Auryn
Edizer
Baxter Cómics
Komic
Zónulacatro
As xornadas inauguraranse o venres 13 ás 12:30 cunha conferencia e mesa redonda arredor do vencello entre o rol e a literatura e presentarase a exposición e audiovisuais que se poderán contemplar durante os dous días dos Ludus Stellae.
Os Ludus Stellae teñen tres eixos temáticos fundamentais coincidentes coas principais liñas de desenvolvemento dos xogos de rol e de estratexia: terror gótico-baseado nos relatos de H.P. Lovecraft e de mundo das tebras-, ciencia ficción-baseado en Star Wars ou Blade Runner- e medieval fantástico-coa obra de Tolkien como inspiración fundamental-.
Arredor destes eixos temáticos desenvolveranse as partidas de rol e de xogos de estratexia abertas ao público e tamén a sección especial de rol para nenos-que terá lugar o sábado pola mañá- e a sección de rol express, na que os visitantes d'A Chocolataría poderán inscribirse para xogar partidas breves e coñecer a dinámica deste tipo de xogos.
Dous días nos que se poderá xogar a ser un bandoleiro en 'Alatriste', un vampiro do século XV en 'Vampiro. A Mascarada' , un elfo do Bosque Negro en 'O Señor dos Aneis', un investigador privado en 'A chamada de Cthulhu' ou un cabaleiro Jedi da mítica saga de 'Star Wars'; sen esquecer os xogos de estratexia como 'Warhammer 40k' ou 'O Señor dos Aneis'.