Compostela cultura

Estás en: Axenda > Teatro e danza > II Certame de Monólogos...
monólogos monolingües
Horario:

30 de novembro de 2005
20:15

Lugar:

Facultade de Económicas e Empresariais
(Aula B)
Avda. Xoán XXIII, s/n. Campus norte. 15782, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100

II Certame de Monólogos Monolingües

Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de C.C. Económicas e Empresariais

O certame "Move o bico, vennos con contos" reúne, nesta segunda edición, sete novos talentos que, cunha duración de entre 5 e 15 minutos teñen que abordar, de xeito humorístico e con todas as habelencias da comunicación oral, a situación sociolingüística do galego e dos seus falantes.

Organiza: Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de C.C. Económicas e Empresariais
Conduce: Carlos Blanco
Actuacións: Leo Fernández Campos, sete participantes con candanseu monólogo.

Organizado pola Comisión de Normalización LIngüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o II Certame de Monólogos Monolingües, pretende mover á reflexión sobre a situación e a problemática da lingua galega e dos seus falantes, tanto na vida universitaria como fóra dela, mediante as súas historias. O concurso é asemade unha actividade lúdica e dinamizadora, que busca a sensibilización cara á nosa lingua.

Do mantemento do espectáculo encargarase nesta edición o actor e contacontos Carlos Blanco. Ademais Leo Fernández Campos, que na pasada edición se fixera co segundo premio (e coa devoción do público), ofrecerá un happening lingüístico.

O concurso está dotado con tres premios, consistentes en 200, 150 e 100 € en metálico e mais en tres vales de 200, 150 e 100 € respectivamente para a adquisición de libros a través de Biblos-Clube de Lectores, que colabora coa súa organización.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • 'Marusía', de Babaluva Teatro 04/09/2010
    Parque de Belvís

    Babaluva títeres presenta dentro do programa 'Vive o verán' esta obra de monicreques, seguida dun obradoiro de faroliño de faroliños de vimbio.
  • Son da corda 04/09/2010
    Sala Santart
    Forma Teatro
    A compañía Forma Teatro pon en escena Son da corda, unha obra que conta o inicio da comunicación entre tres mulleres que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas.
  • Panamesiana Teatro 12/09/2010
    Alameda

    'Oh, que bonito é Panamá' é un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.
  • 'Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín', de Federico García Lorca 16/09/2010
    Teatro Principal

    A Agrupación Teatral Vacalar leva a escena a coñecida obra do dramaturgo granadino, baixo a dirección de Arturo López.
  • Na meta (sálvese quen poida) 17/09/2010
    Salón Teatro
    Ónfalo Teatro
    Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña.