Compostela cultura

Estás en: Axenda > Teatro e danza > Pepa&Davide e Madame Cell no...
Pepea davide
Horario:

30 de xuño de 2009
22:30

Lugar:

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998

Prezo:

4€.

Pepa&Davide e Madame Cell no Ultramarinos

Pepa & Davide e Madame Cell

Dos creadores de 'Cabaret D’aquí…', pero cun obxectivo diferente ao que nos tiñan acostumados con 'Unha noite no muíño…': bailar.

Partindo dunha melodía que escoitaron nun bar, dunha vella copla, dun vinilo raiado dun faiado, revolven outra vez no saber popular, rural pero urbano en definitiva, séguenlle o rastro até facelo evoluír de xeito natural e chegar a un son de hoxe, á vangarda. Son novos e iso hai que festexalo. Esta nova viaxe empréndena cun vello acompañante: Madame Cell dende o piano ata as programacións electrónicas.

A sociedade urbana, sometida á insobornable velocidade viriliana do tempo real,está infestada de arrabais dixitais, códigos fonte desfigurados, singles raiados, píxeles errantes, motores de parabrisas tartaxas e outras pantasmas numéricas e pre-numéricas.

O ecosistema esquecido do micro-suco. É o alimento vital de Pepa, Davide+ Madamme cell. Porque o negro vai con todo: Noisse, suor, drum´bass, humidade, electro, sabor, cheiros de Marín, 70´house, bolero, sexo, pasodobre, máis sexo, o negro vai con todo, autotempo e relax.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • David Loira presenta 'Macho' 10/02/2010
    Teatro Principal
    Dloira
    A programación de 2010 do ciclo 'SCQ Danza' ábrese co primeiro traballo de David Loira coa súa propia compañía, Dloira. Un achegamento contemporáneo ao tema da identidade, o respecto e a liberdade a través dun corpo masculino en coma.
  • Teatro do Morcego presenta 'Saltimbanquis' 11/02/2010
    Salón Teatro

    Teatro do Morcego presenta un espectáculo baseado nun conto dos Irmáns Grimm e dirixido a nenos e nenas a partir de nove anos.
  • Shakespeare para ignorantes 12/02/2010
    Teatro Principal
    Quico Cadaval / Mofa e Befa
    Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII).
  • Teatro do Morcego presenta 'Saltimbanquis' 13/02/2010
    Salón Teatro

    Teatro do Morcego presenta un espectáculo baseado nun conto dos Irmáns Grimm e dirixido a nenos e nenas a partir de nove anos.
  • 'Catro contos de China', por Títeres Cachirulo 14/02/2010
    Arteria Noroeste
    Títeres Cachirulo
    Catro insólitas aventuras que nos descubren un cómico e divertido mundo agachado moi cerca de nós e cheo de inquedantes situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos, aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do títere chinés que o noso amigo Yang Feng nos presentou.