Compostela cultura

Estás en: Axenda > Teatro e danza > Pirandello abre o Salón Teatro
seis ghrandes
Horario:

19 de outubro de 2005 - 13 de novembro de 2005
Días da semana: Mércores, Xoves, Venres, Sábado, Domingo

Lugar:

Salón Teatro
(Mércores, xoves e venres ás 11:00, Sábado ás 20:30 e Domingos ás 18:00)
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

Prezo:

6 euros, 3 euros os domingos, 4,5 coa tarxeta Vivir Compostela, 3'6 con carné xove, familias numerosas e xubilados. 3 grupos de dez ou máis persoas, 2,4 grupos de dez ou máis persoas de fóra de Compostela.

Pirandello abre o Salón Teatro

Xúlio Lago

A comedia "Seis personaxes á procura de autor", de Luigi Pirandello, abre este curso a programación do Salón Teatro. o Centro Dramático galego trae a escena o clásico, traducido por Xosé Manuel Pazos.

Director:
Xúlio Lago
Elenco:
Miguel Pernas, María Barcala, Muriel Sánchez, Xose Manuel Esperante, Adrián Seijas, Laura Míguez, Ánxela G. Abalo, Gustavo Pernas Cora, Rebeca Montero, Damián Contreras, Lucía Regueiro, Toño Casais, Xan Cejudo, Jouse García, Marcos Viéitez

É unha obra que mestura a traxedia e a comedia, a fantasía e a realidade, unha situación humorística nova e complexa; un drama que, a través duns personaxes que respiran, falan e se moven, quere atopar a maneira de ser representado.

Ao mesmo tempo, a comedia vén da man do intento van desta realización escénica improvisada. Comeza coa sorpresa dos actores dunha compañía dramática que están a ensaiar, cando ven aparecer diante deles a eses seis personaxes que se anuncian como tales á procura de autor.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • David Loira presenta 'Macho' 10/02/2010
    Teatro Principal
    Dloira
    A programación de 2010 do ciclo 'SCQ Danza' ábrese co primeiro traballo de David Loira coa súa propia compañía, Dloira. Un achegamento contemporáneo ao tema da identidade, o respecto e a liberdade a través dun corpo masculino en coma.
  • Teatro do Morcego presenta 'Saltimbanquis' 11/02/2010
    Salón Teatro

    Teatro do Morcego presenta un espectáculo baseado nun conto dos Irmáns Grimm e dirixido a nenos e nenas a partir de nove anos.
  • Shakespeare para ignorantes 12/02/2010
    Teatro Principal
    Quico Cadaval / Mofa e Befa
    Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII).
  • Teatro do Morcego presenta 'Saltimbanquis' 13/02/2010
    Salón Teatro

    Teatro do Morcego presenta un espectáculo baseado nun conto dos Irmáns Grimm e dirixido a nenos e nenas a partir de nove anos.
  • 'Catro contos de China', por Títeres Cachirulo 14/02/2010
    Arteria Noroeste
    Títeres Cachirulo
    Catro insólitas aventuras que nos descubren un cómico e divertido mundo agachado moi cerca de nós e cheo de inquedantes situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos, aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do títere chinés que o noso amigo Yang Feng nos presentou.