Compostela cultura

Estás en: Axenda > Teatro e danza > What's up? abre o 'En...
dominik e claudia nunha escena de 'what's up?'
Horario:

23 de xuño de 2006 - 25 de xuño de 2006
17:00

Lugar:

Actividades nas rúas de Compostela
(San Martiño Pinario)

What's up? abre o 'En pé de pedra 2006'

Sala NASA, Teatro Galán

O alemán Dominik Borucki e a colombiana Claudia Cardona abren con este seu espectáculo a XI edición do festival de danza na rúa organizado polas salas Nasa e Galán. Esta peza é un xogo: co desexo de que o mundo funcionase segundo as imaxes que temos sobre el, queda case só a posibilidade do desengano. Iso non é nada novo e tampouco é problemático: serve para xogar co mundo imaxinario.

What’s Up? Duración: 30'
Dirección, concepto e vestiario: Dominik Borucki
Cocreación: Claudia Cardona
Coreografía e interpretación: Dominik Borucki, Claudia Cardona
Colaboración artística: Carma Vidal
Música: Shelley Hirsch, Dominik Borucki, Alistar Colling
Coprodución: CAPa (Centro de Artes Performativos do Algarve)
Espazo de creación: La Teatrería, L'Artesà, CAPa

Sentía como morreu o meu amor. O meu amor, deus, o meu amor. Todo o que cría estaba perdido. Non o quería. Parecía que debía morrer eu mesmo. Pero o que morreu por suposto non era eu nin o meu amor. O meu amor quedou. O que morreu era a imaxe do meu amor, a imaxe que creaba para asegurarme del.

O alemán Dominik Borucki é bailarín, director e profesor de danza. Ensina e traballa en Europa, os EUA e América do Sur. Recentemente colaborou coa Compagnia Buffo (Osnabrück/Alemaña), Brigitta Ernst (Berlín), Paulo Henrique (Lisboa, Expo 98), David Zambrano (Nova York), Cia. Lapsus (Barcelona) e dirixiu ¿Qué tal estás? -we don´t have video yet- (Las Palmas), un dúo con Natalia Medina. Agora baila os seus solos I Am My Own Television e La vecina (interior). Ultimamente impartiu clases en Movement Research (Nova York), Danzarte (Las Palmas), bewegungs-art-freiburg, La Caldera (Barcelona), CEM (Lisboa), Estudio 3 (Madrid), Moving Art (Colonia), Tanzfabrik (Berlín), Tanzhaus NRW (Dusseldorf), na Facultade de Artes en Altea e en centros de danza de Colombia, México e Venezuela.

A bailarina colombiana Claudia Cardona chagou á danza mediante a ximnasia olímpica. Estudou música en Medellín e en Viena. Bailou co Ballet Folclórico de Antioquía dirixido por Albeiro Roldán, coa compañía Danza Concierto de Peter Palacio (Medellín) actuou en España, Polonia e Costa Rica, participou en producións das compañías Stratego Danza e Danza universitaria de la UCR en San José en Costa Rica e no proxecto Der Weg Zwischen en Viena. Traballou con Dora Arias, coa Cía. Murrapo Danza, e coas compañías Tragant Danza e Nats Nens en Barcelona. Outorgáronlle o Premio Lladró como mellor intérprete do festival Dansa Valencia 2002 bailando a peza What's Up?


Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • 'Marusía', de Babaluva Teatro 04/09/2010
    Parque de Belvís

    Babaluva títeres presenta dentro do programa 'Vive o verán' esta obra de monicreques, seguida dun obradoiro de faroliño de faroliños de vimbio.
  • Son da corda 04/09/2010
    Sala Santart
    Forma Teatro
    A compañía Forma Teatro pon en escena Son da corda, unha obra que conta o inicio da comunicación entre tres mulleres que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas.
  • Panamesiana Teatro 12/09/2010
    Alameda

    'Oh, que bonito é Panamá' é un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.
  • 'Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín', de Federico García Lorca 16/09/2010
    Teatro Principal

    A Agrupación Teatral Vacalar leva a escena a coñecida obra do dramaturgo granadino, baixo a dirección de Arturo López.
  • Na meta (sálvese quen poida) 17/09/2010
    Salón Teatro
    Ónfalo Teatro
    Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña.