O que vai vir
- 'Marusía', de Babaluva Teatro
04/09/2010
Parque de Belvís
Babaluva títeres presenta dentro do programa 'Vive o verán' esta obra de monicreques, seguida dun obradoiro de faroliño de faroliños de vimbio.
- Son da corda
04/09/2010
Sala Santart
Forma Teatro
A compañía Forma Teatro pon en escena Son da corda, unha obra que conta o inicio da comunicación entre tres mulleres que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas.
- Panamesiana Teatro
12/09/2010
Alameda
'Oh, que bonito é Panamá' é un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.
- 'Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín', de Federico García Lorca
16/09/2010
Teatro Principal
A Agrupación Teatral Vacalar leva a escena a coñecida obra do dramaturgo granadino, baixo a dirección de Arturo López.
- Na meta (sálvese quen poida)
17/09/2010
Salón Teatro
Ónfalo Teatro
Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña.