Compostela cultura

Teatro e danza

O que vai vir

'Marusía', de Babaluva Teatro

04/09/2010 Babaluva títeres presenta dentro do programa 'Vive o verán' esta obra de monicreques, seguida dun obradoiro de faroliño de faroliños de vimbio.

Son da corda

04/09/2010 A compañía Forma Teatro pon en escena Son da corda, unha obra que conta o inicio da comunicación entre tres mulleres que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas.

Panamesiana Teatro

12/09/2010 'Oh, que bonito é Panamá' é un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.

'Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín', de Federico García Lorca

16/09/2010 A Agrupación Teatral Vacalar leva a escena a coñecida obra do dramaturgo granadino, baixo a dirección de Arturo López.

Na meta (sálvese quen poida)

17/09/2010 Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña.

Consulta a axenda

Directorio cultural de Compostela

Compostela é un escenario poboado de actores e actrices, bailaríns, clowns e monicreques que habitan as salas e teatros da cidade. Adiviña quen son, onde habitan, quen os crea, que fan cando non están entre bambolinas. Abre o telón e observa...