Compostela cultura

Estás en: Destaques > Plástica > 'Fotógrafos insospeitados....
Fotografdos

'Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo' chega ao Auditorio de Galicia

(30/06/2008) A exposición 'Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo', organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, permanecerá aberta ao público na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia até o 14 de setembro. A mostra reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas.

A exposición reúne unha selección de 122 fotografías realizadas, nos últimos dous séculos, por 25 personalidades de recoñecemento mundial e que teñen en común a súa fascinación pola fotografía como medio de expresión alternativo. Imaxes que teñen un valor estético e histórico máis alá da fama dos seus autores e que forman parte das coleccións do Museo de Orsay e do Centro Pompidou de Paris; do museo Strindberg de Estocolmo, da Biblioteca do Congreso en Washington, etc.

Os nosos fotógrafos insospeitados son homes e mulleres que alcanzaron a sona en diferentes campos da arte, do espectáculo, da intelectualidade ou da cultura. Son coñecidos, amados, estudados e diseccionados en todos os aspectos do seu lado público.

Nomes extraordinarios como os pintores: René Magritte, Edgar Degas e Pablo Picasso; os directores de cine: Luchino Visconti, Pedro Almodóvar, Carlos Saura, Giuseppe Tornatore e Stanley Kubrick; cantantes famosos como Lou Reed, Bryan Adams, Patti Simith e Graham Nash; actores: Richard Gere, Yul Bryner, Leonard Nimoy e Jeff Bridges; ou os escritores: August Strindberg, Emile Zola, Bruce Chatwin, Jean Cocteau, nos regalan a través do obxectivo un fragmento do seu mundo.

A mostra da que é comisaria Enrica Viganò, foi producida por La Fábrica e formou parte do festival PhotoEspaña 2007. Foi exhibida en Milán, Vallodolid, Santiago de Chile e despois da súa estadía en Santiago de Compostela viaxará a Barcelona.

Máis destaques de plásticas
Fotógrafos insospeitados
Lugar
  • Auditorio de Galicia.

Datas e horario
  • Aberta ao público do 1 de xullo ao 14 de setembro. Horario de apertura: todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás os días de concerto que pecha ás 19:00 horas).