Compostela cultura

Estás en: Axenda > Plástica > Latexos dun mundo convulso
Unha fotografía de Sandra Balsells incluída en 'Latexos dun mundo convulso'
Horario:

17 de setembro de 2009 - 22 de novembro de 2009

Lugar:

Auditorio de Galicia
(De 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h; os días de concerto só ata as 19.00.)
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:

De balde

Latexos dun mundo convulso

O Auditorio de Galicia presenta esta colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada 'Latexos dun mundo convulso' que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

A galería de imaxes dá conta das consecuencias de conflitos armados e crises políticas coma os da ex Iugoslavia, Ruanda, Medio Oriente ou Xeorxia, así como da degradación humana expresada en fenómenos como o da inmigración cara a Europa, a prostitución infantil no Brasil, a pobreza en Calcuta ou a violencia contra as mulleres en Afganistán ou Bangladesh.

Latexos dun mundo convulso está organizada en colaboración con Obra Social de Caja Madrid e creada a partir dunha idea orixinal de Lunwerg Editores. A mostra poderá visitarse no Auditorio de Galicia do 17 de setembro ao 22 de novembro de 2009.

Exposicións