Alfredo González
Esta mostra presenta unha escolma do traballo de Alfredo González sobre a Ruta Xacobea. Así, a modo de documentalista de lápiz e papel, o debuxante presenta a experiencia do Camiño de Santiago dun xeito moi desenfadado.
'Alfredo debuxa o camiño' ofrece case un cento de debuxos que o artista realizou partindo da súa propia experiencia na peregrinaxe. Pouco a pouco, cun caderno, lapis e rotuladores, foi retratando nun traballo iniciado hai dezaoito anos e rematado este mesmo 2009. As imaxes, ademais, están acompañadas polos propios comentarios do autor e dos seus acompañantes no camiño.