Chema Madoz
A galería Trinta acolle até finais de xullo unha exposición individual de Chema Madoz, o recoñecido fotógrafo madrileño gañador no ano 2000 do Premio Nacional de Fotografía.
José María Rodríguez Madoz nace en Madrid, en 1958. Entre os anos 1980 e 1983 cursa Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid que simultanea cos estudos de fotografía no Centro de Ensino da Imaxe. A Real Sociedade Fotográfica de Madrid expón a primeira mostra individual do autor no ano 1985. En 1988 o Salón Minerva del Círculo de Belas Artes (Madrid) inaugura a súa programación de fotografía cunha exposición dos seus traballos. Dous anos despois, en 1990, comeza a desenvolver o concepto de obxectos, tema constante na súa fotografía até a data.
Ligazóns relacionadas: