Xoán Curiel
O Teatro Principal acolle o concerto en directo do músico e compositor fonsagradino Xoán Curiel Ares
Curiel é un compositor, guitarrista, cantante e actor da Fonsagrada afincado en Santiago, comezou tocando bossa nova para desenvolver despois material propio de diversos estilos. Tivo un exitoso proxecto a dúo coa cantante Carmen Dolores. Agora prepara o lanzamento do seu primeiro disco Nai.