Compostela cultura

Estás en: Axenda > Plástica > Miguel Ivorra na SCQ
Unha das obras de Miguel Ivorra
Horario:

25 de maio de 2007 - 25 de xuño de 2007

Lugar:

Zurich - SCQ
Rúa do Vilar, 47, Santiago de Compostela

Miguel Ivorra na SCQ

Miguel Ivorra

Folclóricas mesturadas con ratiños Mickey poboan estas obras cargadas de realidade urbana mesturada co costumismo dos cadros do salón da avoa. A iconografía na que medramos, o noso imaxinario e memoria colectiva pasados pola peneira do humor e a man de Miguel Ivorra. Como soporte, recorre á reciclaxe, recuperando litografías, pinturas, papel pintado e fotografías decorativas dos anos 60 e 70. Pop, retro, kitsch e mesmo bizarro conflúen na mostra.

O verán pasado, Miguel Ivorra aterrou en Compostela para facer un curso de serigrafía con Teófila Noemí Ruiz (quen participou recentemente no Roteiro de Creación Contemporánea). O curso derivou nun proceso de experimentación para producir técnicas mixtas, intervencións, láminas e unha colección de camisetas baseadas nesta obra plástica, para seren presentadas no Festival internacional de reciclaxe artística DRAP-ART (CCCB) de Barcelona, e agora consolidada como a marca Puramente.

Miguel Ivorra, deseñador de calzado, ilustrador, foi premiado co Laberinto na convocatoria "Odisea do Espazo Publico ou Privado", do Centre Civic Sant Andreu Barcelona 2001 e 1° Premio modalidade Artes Plásticas IX Mostra de Joves Creadors Stripar.

Realizou numerosas exposicións colectivas en Barcelona como Camelart, na Galería Espacio Único, Drap Art Festival internacional Reciclaxe artística, Stripar, Mac (Zona, Oposats e Mestisatge), El Camino, Marató del Espectacle, Mercat de les Flors-Teatre Lliure, Sala Apolo ou o Centre Civic Barcelonesa. Actualmente expón en Artists Love Barcelona, de maio a xuño.

Presentou as instalacións 'Poesía dels Arbres', 'Memoria de Gnosos' e Poesía Visual en salas de Elche, Alicante e Barcelona. Entre as exposicións individuais destacan en Barcelona Rehabilitadas en Produit National Brut, AMBAR o F.A.R.M.4, Acuarelas en 11 Virtuts, Supernova en C.C. del Guinardo e Padam, Padam, Mariposas en Kyoto en Leticia y Mizumo.

Exposicións

O que vai vir
  • Rastro de antigüidades en Área Central 20/02/2010

    O terceiro sábado de cada mes a esquina vermella de Área Central acolle o rastro de antigüidades, unha selección de obxectos antigos, reliquias de coleccionistas e outras curiosidades.
  • Rastro de antigüidades en Área Central 20/03/2010

    O terceiro sábado de cada mes a esquina vermella de Área Central acolle o rastro de antigüidades, unha selección de obxectos antigos, reliquias de coleccionistas e outras curiosidades.
  • Rastro de antigüidades en Área Central 17/04/2010

    O terceiro sábado de cada mes a esquina vermella de Área Central acolle o rastro de antigüidades, unha selección de obxectos antigos, reliquias de coleccionistas e outras curiosidades.
  • Rastro de antigüidades en Área Central 15/05/2010

    O terceiro sábado de cada mes a esquina vermella de Área Central acolle o rastro de antigüidades, unha selección de obxectos antigos, reliquias de coleccionistas e outras curiosidades.
  • Rastro de antigüidades en Área Central 19/06/2010

    O terceiro sábado de cada mes a esquina vermella de Área Central acolle o rastro de antigüidades, unha selección de obxectos antigos, reliquias de coleccionistas e outras curiosidades.