Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Obra Social de Caja Madrid achega unha mostra dos grandes surrealistas galegos.
Hai case cen anos o surrealismo nacía como proposta revolucionaria disposta a rachar coas fronteiras convencionais na arte e no social.
Na exposición Galicia e surrealismo recóllense obras dalgúns dos principais surrealistas galegos, como Maruja Mallo, Eugenio Granell, Urbano Lugrís e Mario Granell, e tamén de artistas que na súa traxectoria, ainda que fora de xeito temporal, asumiron algunhas das formulacións do movemento surrealista ou de estéticas afíns, como Francisco Miguel, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Laxeiro ou Luis Seoane.
O fío conductor da escolla de autores é de carácter temporal, xa que todos eles comezaron a súa actividade plástica antes do inicio da Guerra Civil.