Comeza a quinta edición do festival
Sons da Diversidade e desta vez faino con folk. Os irlandeses
Moving Hearts, revolucionadores do folk dos 80, chegan agora a Compostela para interpretar ante o público galego os temas que cativaron a persoas de todo o mundo grazas á súa mestura da música tradicional irlandesa, jazz, rock ou funk.
O grupo formado por Christy Moore, Donal Lunny, Eoghan O'Neill, Brian Calnan, Davy Spillane e Keith Donalds, sentaron as bases dun potente son irlandés, valorado polas súas letras de explícito compromiso político e centradas especialmente na situación de Irlanda do Norte. Tras a súa separación, agora volven a tocar xuntos, e Compostela é unha das paradas nas que o "dream team" da música irlandesa fará para explotar as posibilidades do seu son único.
Seis meses de música
O programa de Sons da Diversidade continúa en febreiro coa participación da cantante alemá
Ute Lemper, que tras pasar o ano pasado co seu Cabaret pola Coruña, chega agora a Compostela para facer un repaso de todo o seu repertorio. A Lemper interpretará o seu amplo, versátil e sofisticado repertorio que inclúe cancións berinesas de cabaret, cantigas francesas e as misteriosas xoais de Bertolt Brecht e Kurt Weill. Considerada unah das mellores vces alemás, posúe unha extensa discografía con máis dunha vintena de álbums no mercado.
O 15 de marzo tócalle a quenda a unha artista galega. Tras 20 anos de carreira artística,
Uxía converteuse co seu estilo intimista nunha das voces máis populares do noso país. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional cun tratamnto anovador e persal, ao representar un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
Tom Zé achegaranos o 13 de abril o seu vangardismo sonoro, poesía e compromiso co seu Danç-Êh-Sá-Dança dos Herdeiros do Sacrificio. Este histórico do
tropicalismo participou nos anos 70 nos
shows que orixinaron o movemento xunto a Caetano Veloso, Gilberto Gi, Gal Costa ou Maria Bethânia entre outros. O seu último disco, que vai interpretar en Compostela, ten como tema as rebelións e levantamentos das poboacións indíxenas do Brasil, silenciadas pola historia oficial.
Fin de festa coa mellor música norteamericana
Xa en maio será a polifacética
Laurie Anderson a encargada de transmitir o seu magnetismo aos espectadores que acudan a ver o seu espectáculo Homeland. A polifacética atista de vangarda ten artellado partituras para cinema, teatro e danza, obras fotográficas, poéticas e da arte visual. Caracterizada por un espírito visionario, plasma as súas inquedanzas na montaxe e realización de distintos espectáculos multimedia, cos que mereceu o títulos dunha das artistas de
performance máis influintes na escena contemporánea.
Por último, pecha o ciclo o rei do Pop Barroco,
Rufus Wainwright, que coa súa ironía, ego e exhibicionismo a corazón aberto, ademais da súa orgullosa condición de icona gay, fortalecen o seu status de artista á marxe de todo. En Compostela tocará pezas do seu último disco,
Release the Sars, un espectáculto íntimo, decadentemente agridoce e único.