Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Narf presenta nas Crechas...
Totem
Horario:

28 de xuño de 2009 - 29 de xuño de 2009
22:30

Lugar:

Casa das Crechas
Vía Sacra, 3. 15704
Teléfono: 981 560 751

Narf presenta nas Crechas 'Totem', o seu novo disco

Narf

Tras o éxito de 'Só Tambor', Narf non detén o seu carácter creativo e quere mostrar con este novo enfoque musical unha vertente máis do seu estilo propio, que mira á música en movemento, que parte das raíces para se mesturar con ritmos doutras terras como Brasil, Cabo Verde, Mozambique ou Cuba, que absorbe as súas cores, os seus sabores e os seus matices.

Cando un viaxa polo mundo adiante alimentado por ningunha outra cousa que o interese pola arte, é bo deixar pegadas sobre as encrucilladas de camiños para atopar o camiño de volta a casa. Un tótem é un cruceiro sen brazos, un faro para os mariñeiros de terra. E este tótem marca máis de 20 anos de camiño, un camiño que comezou cando Narf deixou a súa casa con nada máis que unha guitarra a costas.

Narf levantou este tótem cada día, con coidado e cariño, con furia e paixón, aquí podemos encontrar o canto delicado e o berro atroz, aquí están as pantasmas, o choro dun neno, o bico dun amante e os ollos no futuro. Aquí o amor é o que máis dá e o que máis nos doe. O que comezou como un tótem persoal foi, finalmente, un tótem para todos nós. Porque neste Totem tamén se poden escoitar as voces e ver as sombras daqueles que tiveron a sorte de camiñar un anaco ao seu carón.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.