Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Concerto Italiano achéganos ao...
Concerto Italiano
Horario:

4 de xullo de 2009
20:30

Lugar:

San Domingos de Bonaval
Praza de San Domingos de Bonaval

Prezo:

Entrada con invitación ata completar aforo. Os convites pódense retirar no punto de venda do Festival Via Stellae (Oficina de Turismo de Galicia. Rúa do Vilar, 30-32. Tel. 981 565 027).

Concerto Italiano achéganos ao universo de Vivaldi

Concerto Italiano

Son unha das agrupacións estábeis e un dos directores residentes do Via Stellae e forman un dos binomios máis reputados no mundo da música barroca dende hai vintecinco anos.

INTÉRPRETES
Concerto Italiano
Rinaldo Alessandrini: director
Sara Mingardo: contralto

REPERTORIO
Antonio Vivaldi La verità in cimento: Sinfonía / Concerto para dous óboes en re menor RV 535
Concerto para cordas en do maior RV 115
Concerto para frauta traveseira en sol menor "La notte" RV 439
Cessate omai cessate, cantata para alto, dous violíns, viola e baixo continuo RV 684
Concerto para óboe, violín e cordas en si bemol maior RV 548
Concerto para cordas en re maior RV 121
Nisi Dominus para alto e cordas RV 126

Concerto Italiano e Rinaldo Alessandrini dedican o seu segundo concerto a Vivaldi: os concertos e a música sacra do veneciano servida pola experimentada voz de Sara Mingardo enchen este atraínte concerto en Bonaval.

O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.