Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Os nosos compositores: Fernando Buide
Fernando Buide
Horario:

4 de xullo de 2009
12:30

Lugar:

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

Os nosos compositores: Fernando Buide

Fernando Buide

Via Stellae ofrece na súa sección 'Os nosos compositores', un oco aos creadores galegos para amosaren as súas composicións. Neste recital será o momento de Fernando Buide que ofrecerá tres obras, 'Adagio para trío'; 'Movementos para piano só. Trazo. Diferencias'; e 'Aparición', esta última é unha estrea mundial e encargo especial do certame.

Ensemble 21
Jorge Montes:n violin
Vicente López: clarinete
Carlos García Amigo: violonchelo
Julio Mourenza: piano
Alejandro Sanz: percusión

A pesar da súa mocidade Buide carrexa tras de si unha importante carreira compositiva e instrumental. Estudou música na súa cidade natal até que, aos 19 anos, se mudou a Oviedo, en cuxo conservatorio estudou piano e órgano, iniciando tamén os seus estudos de composición, da man de Víctor Leoncio Diéguez.

Foi alumno da Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia desde 1999 a 2002, cando era dirixida por James Ross. Admirador da obra de Leonardo Balada (Barcelona, 1933), a quen conoció en 2003, éste animouno a continuar os seus estudos de composición en Estados Unidos. Concretamente na Universidade Carnegie Mellon, de Pittsburgh (Pensilvania, EE UU), onde terminou os seus estudos de grao. Na actualidade está completando o seu doutoramento na Universidade de Yale, onde tamén desenvolve a súa actividade como profesor de Teoría da Música.

O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.