Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Via Stellae: 'Haydn e os seus...
Graeme
Horario:

3 de xullo de 2009
20:30

Lugar:

San Francisco
(Claustro de San Francisco)
Costiña de San Francisco / Rúa dos Castiñeiros

Prezo:

Entrada con invitación ata completar aforo. Os convites pódense retirar no punto de venda do Festival Via Stellae (Oficina de Turismo de Galicia. Rúa do Vilar, 30-32. Tel. 981 565 027).

Via Stellae: 'Haydn e os seus contemporáneos en Londres'

Claustro de San Francisco

Volve a Sinfónica de Galicia ao Via Stellae. Seguro que ningún dos asistentes ao concerto en Bonaval coa Sétima Sinfonía de Bruckner hai dous anos o ten esquecido. A orquestra coruñesa estrea un novo espazo do Via Stellae, o claustro de San Francisco, no que se celebrarán os concertos das dúas orquestras galegas.

INTÉRPRETES
Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Graeme Jenkins.

REPERTORIO
William Boyce: Sinfonía nº 1 en si bemol maior; Sinfonía nº 5 en re maior.
Johann Christian Bach: Sinfonía en sol menor op 6 nº 6 W.C12
Thomas Augustine Arne: Sinfonía nº 3 en mi bemol maior
Joseph Haydn: Sinfonía nº 100 en sol maior Militar Hob.I.100; Sinfonía nº 1 en si bemol maior; Sinfonía nº 5 en re maior.

O prestixioso director inglés Graeme Jenkins encabeza esta homenaxe a Haydn no bicentenario cunha das máis vistosas das súas sinfonías londinenses nun interesante e infrecuente programa que xira en torno aos seus contemporáneos en Londres.

O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.