Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > A música de Haendel inaugura o...
Sandinre
Horario:

2 de xullo de 2009
21:00

Lugar:

Auditorio de Galicia
(Entradas anticipadas no 902 43 44 43 ou na taquilla virtual de Caixa Galicia.)
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:

10€. 50% de desconto para menores de 25 anos e xubilados.

A música de Haendel inaugura o IV Festival de Música de Compostela Via Stellae

Georg Friedrich Haendel

O 2009 é o ano de Haendel (250º aniversario da súa morte) e a cuarta edición dun festival 'barroco' como o Via Stellae non podía comezar doutro xeito que coa súa música e, en concreto, coa súa gran teima, a ópera.

INTÉRPRETES
Sandrine Piau: soprano
Sara Mingardo: contralto
Concerto Italiano
Rinaldo Alessandrinie: director condutor

REPERTORIO
Georg Friedrich Haendel:
Radamisto: Se teco vive il cor
Flavio, re dei longobardi: Ma chi punir desio?
Poro, re dell’Indie: Obertura & Caro/Dolce amico amplesso
Tamerlano: Più d’una tigre altero
Ezio: Ah, non son io che parlo
Rinaldo: Scherzano sul tuo volto
Orlando: Finchè prendi ancora
Alessandro: No, più soffrir non voglio" & "Da un breve riposo
Ottone, re di Germania: Obertura & A’ teneri affetti
Tamerlano: Vivo in te
Amadigi: Pena tiranna

A ampla selección de arias e dúas de once das súas case cincuenta óperas será cantada por dúas estrelas da lírica, a francesa Sandrine Piau e a italiana Sara Mingardo: dúas especialistas na ópera barroca ás que se suman unha agrupación de primeirísimo nivel, ben coñecida do público do festival, o Concerto Italiano, e Rinaldo Alessandrini, un dos directores que non falta á súa cita anual co Via Stellae.

O que vai vir
  • Ensaio aberto da Banda Municipal 11/02/2010
    Xosé Carlos Seráns
    A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.
  • Festa demoscópica Mondo Sonoro 11/02/2010

    A revista Mondo Sonoro reúne boas doses de pop indie neste concerto no que tocarán Niño y Pistola, Discos Las Palmeras, Tetra&Freek e Bang 74.
  • Música disco e cabaré con Mosca Gogó 11/02/2010

    O trío vigués-ourensán Mosca-Gogó preséntase para ofrecer a mellor música disco cunha coidada actitude cabareteira. Os compoñentes son Indra Lack na voz, Fruity Saw no baixo e máquinas electrónicas e Quino Tasal na guitarra e samplers.
  • Litanei en concerto 11/02/2010

    Mónica de Nut e Paco Dicenta forman este dúo que explora a linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e abre una porta aberta á experimentación e á música de raíz.
  • Jam session da Bakin' Blues Band 11/02/2010

    Nova jam sessión de blues-rock a cargo da Bakin' Blues Band, proxecto musical integrado por catro experimentados músicos de Santiago.