Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Rock en Costa 2007
Rock en Costa
Horario:

2 de xuño de 2007
21:00

Lugar:

CSC do Castiñeiriño
(Campo da festa)
Rúa Virxe de Fátima s/n

Prezo:

De balde

Rock en Costa 2007

Asociación Xurásica

Celébrase no campo da festa do Castiñeiriño (Compostela) o Festival Rock en Costa 2007. Os locais Samesugas e Royalties estarán acompañados dos ferroláns Riff Raff, os lalinenses Última Sacudida e os portugueses The Act-Ups. O festival que organiza a Asociación Xurásica aposta polos barrios como motores culturais das cidades e polo achegamento coa música de Portugal.

Rock en Costa 07

  • The Act-Ups (Barreiro, Portugal)
  • Riff Raff (Ferrol)
  • Samesugas (Castiñeiriño)
  • Última Sacudida (Donramiro, Lalín)
  • Royalties (Castiñeiriño)

A representación do país veciño chegará da man de The Act-Ups, de Barreiro. Con dous discos do mercado a súa música defínese como "James Brown em conflito sangrento com os Mc5, um cadillac com o depósito cheio de soul, abastecido por Iggy Pop, numa estação de serviço perto de Detroit".

Riff Raff chegan dende Ferrol. Considerados os AC/DC galegos, ofrecen un espectacular directo. O Castiñeiriño estará representado este ano polos Samesugas, que acaban de publicar o seu primeiro disco de longa duración, Alá vai, e Royalties, herdeiros da mítica banda compostelá Redullos e que se atopan a medio camiño entre o rock de Detroit e o escandinavo.

Completan o cartel Última Sacudida, de Donramiro (Lalín), que mesturan o máis reivindicativo do punk de finais dos setenta e a tradición dos grupos galegos máis contundentes. Acaban, tamén, de gravar o seu primeiro disco.

O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.