Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > A voz de Adriana Calcanhotto en Sons da...
Adriana Calcanhotto
Horario:

26 de maio de 2007
21:00

Lugar:

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:

15 €, 7,50 € persoas xubiladas e estudantado

A voz de Adriana Calcanhotto en Sons da Diversidade

Adriana Calcanhotto

Continúa Sons da Diversidade con esta cantante de Porto Alegre (Brasil). Adriana Calcanhotto conta historias que conseguen enganchar a calquera persoa que as escoite. Coa súa guitarra e voz, a artista conseguiu converterse nunha das artistas máis recoñecidas internacionalmente de todo o Brasil. Sen lugar a dúbidas, Adriana Calcanhotto foi unha das artistas revelación da música brasileira durante os 90. E sobresaír nun país tan musical como Brasil está ao alcance daqueles talentos que desbordan personalidade.

Adriana é unha cantautora con luz propia, unha excelente creadora de cancións. Filla dun baterista de jazz e bossa nova e unha mestra de educación física, dende pequena escoitou os discos do seu pai: dende Astor Piazolla e Pink Floyd até Miles Davis e João Gilberto. Con só seis anos comezou a recibir clases, ao tempo que acompañaba a seu pai nos ensaios que realizaba no garaxe da súa casa.

O seu contacto coa obra de Maria Bethânia, Caetano Veloso, Luiz Melodía, Elis Regina e a música brasileira en xeral deulle pulo para se lanzar como cantante: preséntase en diversos bares da súa cidade natal e máis tarde trasládase a Río para mostrar a súa proposta. Os favorábeis comentarios de público e crítica achégana á compañía Sony, coa que asinou un contrato de gravación.

En abril de 1990 aparece Enguiço, o seu álbum debut, que presentou cunha xira por todo Brasil e pola que foi a revelación musical do ano. Dous anos despois lanza Senhas, que lle permitiu realizar o seu primeiro show no emblemático teatro Caneção, ademais de completar unha xira nacional de cento setenta datas e recibir un disco de ouro. A partir do 94 grava cinco discos que obtiveron grades éxitos mundiais e que a consolidaron como unha das mellores artistas do Brasil.

O que vai vir
  • Ensaio aberto da Banda Municipal 11/02/2010
    Xosé Carlos Seráns
    A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.
  • Festa demoscópica Mondo Sonoro 11/02/2010

    A revista Mondo Sonoro reúne boas doses de pop indie neste concerto no que tocarán Niño y Pistola, Discos Las Palmeras, Tetra&Freek e Bang 74.
  • Música disco e cabaré con Mosca Gogó 11/02/2010

    O trío vigués-ourensán Mosca-Gogó preséntase para ofrecer a mellor música disco cunha coidada actitude cabareteira. Os compoñentes son Indra Lack na voz, Fruity Saw no baixo e máquinas electrónicas e Quino Tasal na guitarra e samplers.
  • Litanei en concerto 11/02/2010

    Mónica de Nut e Paco Dicenta forman este dúo que explora a linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e abre una porta aberta á experimentación e á música de raíz.
  • Jam session da Bakin' Blues Band 11/02/2010

    Nova jam sessión de blues-rock a cargo da Bakin' Blues Band, proxecto musical integrado por catro experimentados músicos de Santiago.