Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Antonio Vega presenta o seu...
Antonio Vega
Horario:

13 de decembro de 2006
22:30

Lugar:

Sala Capitol
Rúa Concepción Arenal, 5
Teléfono: 981 574 399

Prezo:

15 €/18 € · Discos Gong · A Reixa Tenda · Café Quintana.

Antonio Vega presenta o seu último disco na Capitol

Antonio Vega

3000 noches con Marga é o sétimo traballo en solitario de Antonio Vega, un tributo á súa compañeira falecida no 2004, e que foi coautora de moitos temas dos seus últimos traballos.

No 1988 a mítica banda Nacha Pop deu o seu derradeiro concerto- 80/88- na Sala Jácara. Comezaría entón a traxectoria en solitario de Antonio Vega, o membro máis introvertido da banda, e autor dos temas de carácter máis intimista da mesma como 'Una décima de segundo', 'La chica de ayer' ou 'Se dejaba llevar por ti'.

No me iré mañana foi o seu primeiro traballo en solitario, saiu no ano 1991 da man do selo discográfico Pasíon. Un ano máis tarde sairía o disco recopilatorio de baladasEl sitio de mi recreo, con temas compostos desde os anos oitenta ata o momento de edición do disco. Seguíronlle Océano de sol, Anatomía de una ola o De un lugar perdido. No 2004 publica Escapadas un disco de versións de temas de artistas tan dispares como Amaral, Los Secretos, Elefantes, Jarabe de palo. Los Chunguitos ou Hombres G. No 2005 ve a luz 3000 noches con Marga o seu último traballo ata o momento.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Ensaio aberto da Banda Municipal 11/02/2010
    Xosé Carlos Seráns
    A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.
  • Festa demoscópica Mondo Sonoro 11/02/2010

    A revista Mondo Sonoro reúne boas doses de pop indie neste concerto no que tocarán Niño y Pistola, Discos Las Palmeras, Tetra&Freek e Bang 74.
  • Música disco e cabaré con Mosca Gogó 11/02/2010

    O trío vigués-ourensán Mosca-Gogó preséntase para ofrecer a mellor música disco cunha coidada actitude cabareteira. Os compoñentes son Indra Lack na voz, Fruity Saw no baixo e máquinas electrónicas e Quino Tasal na guitarra e samplers.
  • Litanei en concerto 11/02/2010

    Mónica de Nut e Paco Dicenta forman este dúo que explora a linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e abre una porta aberta á experimentación e á música de raíz.
  • Jam session da Bakin' Blues Band 11/02/2010

    Nova jam sessión de blues-rock a cargo da Bakin' Blues Band, proxecto musical integrado por catro experimentados músicos de Santiago.