Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Co seu 'Anunciado en...
Pignoise
Horario:

26 de novembro de 2006
19:30

Lugar:

Sala Capitol
Rúa Concepción Arenal, 5
Teléfono: 981 574 399

Prezo:

10 €/12 €. Discos Gong e ticktackticket.com · Tendas Tipo e Centros Carrefour

Co seu 'Anunciado en televisión' recén reeditado chegan os Pignoise á Capitol

Pignoise

Unha vez máis fútbol e música están vencellados, Álvaro Benito -cantante, guitarrista e compositor principal do grupo- comezou a compoñer mentres se recuperaba dunha lesión que o apartaría do campo.

Álvaro, voz e guitarra Pablo, baixo Polo, batería

Tras Melodias desafinadas e Esto no es un disco de punk chegou Anunciado en televisión, producido por Dani Alcover, que acaba de reeditarse cunha canción extra 'Dame tres días', e os videoclips 'Nada que perder' e 'Te entiendo'.

Ao principio en inglés, logo en español, as cancións de Álvaro foron conformando o repertorio de Pignoise: temas breves, contundentes e cargados de sensacións, máis que de historias.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.