Varios artistas
Estrella Galicia cumple cen anos e o celebra con concertos por toda Galiza, esta noite toca en Compostela.
En 'A viaxe do son' participan Budiño, Uxía, Leilía, Buika, La Negra e Jerry González, un espectáculo dirixido por Javier Limón.
Xosé Manuel Budiño: Comezou a súa carreira musical nos anos '80 na escola de gaitas 'Semente nova' en Moaña. Ao longo da súa traxectoria ten colaborado Patrick Molard, Petko Stephanov, Michael O’Brian, Fred Morrison, Jean Luc Le Moign, Oskorri, Alejandra Guzmán, Uxía e Kepa Junkera , entre outros. O seu último traballo polo momento é 'Zume de terra'.
Uxía: Tras gañar no 1985 o 1º premio do Festival de Bergantiños un ano despois edita o seu primeiro disco titulado 'Foliada de Marzo'. No 1995 gravará 'Estou Vivindo no Ceo' (Nubenegra), un disco fundamental na súa traxectoria e que será un éxito de crítica nacional e internacional e que se puido escoitar en Europa, EEUU e Canadá. Vén de participar neste 2006 no proxecto musical 'Cantos na maré', punto de encontro de artistas de culturas de fala portuguesa, baixo a dirección musical de Chico Cesar e Paulo Borges.
Concha Buika: esta mallorquina de orixe guineana mostrou desde moi nena as súas aptitudes para a música. Tras escoitar a Pat Metheny nun concerto en Londres decide iniciar a súa carreira musical e durante os '90 cantará en diversas formacións e bandas locais. No 2005 saca o seu primeiro disco do que destaca o tema 'Mi niña Lola'.
Amparo Velasco 'La Negra': vén de sacar o seu primeiro disco, que tamén leva o seu nome e que foi producido por Casa Limón. Un dísco íntimo e persoal con letras arrincadas ao seu diario persoal, escrito durante cinco anos, e acompañadas con ritmos de flamenco, jazz, tango e música brasileira.
Jerry González: Comezou a súa carreira como trompetista no 1970 co famoso Dizzy Gillespie, co que fundiu os ritmos básicos africanos con elementos do jazz. Un ano despois xuntariase coa banda de Eddie Palmieri e pouco tempo despois con 'Conjunto libre', a banda de Manny Oquendo. Chegou a España no 2001 despois de participar no filme de Trueba 'Calle 54' e acaba de estrear o disco 'Music for Big Band' coa participación de músicos como o contrabaixista Javier Colina.