Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Treixadura Gaiteiros presenta o seu...
Foto Agrupación Treixadura
Horario:

15 de xuño de 2006
13:00

Lugar:

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar. CP 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 957202

Prezo:

De balde

Treixadura Gaiteiros presenta o seu último traballo 'Unha semaniña enteira' no Consello da Cultura Galega

Treixadura Gaiteiros

Tras 'Unha noite no muíño' e 'Unha noite non é nada' chega 'Unha semaniña enteira', o último traballo deste grupo de gaiteiros que nesta ocasión conta coa colaboración do Orfeón Treixadura

As voces do Orfeón Treixadura súmanse ás gaitas neste traballo que mestura composicións tradicionais galegas con composicións propias.

Treixadura Gaiteiros ten unha traxectoria de máis de dez anos dentro do panorama musical galego. Ten colaborado con Rodrigo Romaní (ex-Milladoiro), Leilía, Tanxarina e Quico Cadaval.

No acto participarán Xaquín Xesteira e Toñito López, de Treixadura Gaiteiros, Delio Domínguez e Xosé Méndez "Morgan", do Orfeón Treixadura, e Luis Costa, da Comisión Técnica de Música Tradicional do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG).

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir