Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > IV Concerto pola Lingua do Foro da...
O leo, the homens e loretta martin
Horario:

16 de maio de 2006
18:00

Lugar:

Actividades nas rúas de Compostela
(Alameda)

Prezo:

De balde

IV Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade

Foro da Mocidade

O Foro da Mocidade organiza de novo o seu tradicional concerto pola Lingua. A Alameda vaise encher de graffiteiros, mostra e venda de camisolas e outros produtos, e non tardarán en subir ao escenario Noise Project, Brazukas, o Leo i Arremecághona!!!, Redullos, The Homens e Loretta Martin. Ademais, haberá comida e bebida a prezos populares.

O Foro da Mocidade (A.X. Itaca, Galiza Nova, Asociación Parrulos, Espazo Aberto Galiza e Casa Encantada) presenta por cuarto ano o seu concerto pola lingua. Nas anteriores edicións déronse a coñecer grupos coma Presencia Zero, Fai Tun Flai, Zumbido, ou os incondicionais Loretta Martin, que pechan tamén o cartel deste ano. A condición é que as letras sexan en galego. Polo demais, todos os estilos son válidos, como demostra o cartel deste ano, que vai dende o rock de Noise Project á música tradicional brasileira de Brazukas. Tamén estarán os Redullos, un dos grupos punk con máis sona da cidade, que levan doce anos en activo, unha das revelacións do ano, o trío compostelán de Power Pop The Homens, os xa citados Loretta Martin, e o cantautor punk O Leo i Arremecághona!!!.

Tamén haberá empanada, cerveza, viño e licor café a prezos populares, graffiti e mostra e venda de produtos de comercio xusto, coma Panxea, ou camisolas.

O que vai vir
  • Ensaio aberto da Banda Municipal 11/02/2010
    Xosé Carlos Seráns
    A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.
  • Festa demoscópica Mondo Sonoro 11/02/2010

    A revista Mondo Sonoro reúne boas doses de pop indie neste concerto no que tocarán Niño y Pistola, Discos Las Palmeras, Tetra&Freek e Bang 74.
  • Música disco e cabaré con Mosca Gogó 11/02/2010

    O trío vigués-ourensán Mosca-Gogó preséntase para ofrecer a mellor música disco cunha coidada actitude cabareteira. Os compoñentes son Indra Lack na voz, Fruity Saw no baixo e máquinas electrónicas e Quino Tasal na guitarra e samplers.
  • Litanei en concerto 11/02/2010

    Mónica de Nut e Paco Dicenta forman este dúo que explora a linguaxe do jazz, o son e dinámica da música clásica e abre una porta aberta á experimentación e á música de raíz.
  • Jam session da Bakin' Blues Band 11/02/2010

    Nova jam sessión de blues-rock a cargo da Bakin' Blues Band, proxecto musical integrado por catro experimentados músicos de Santiago.