Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > VII Certame Folc Radio Obradoiro
un grupo tocando nunha das edicións anteriores
Horario:

18 de abril de 2006
21:00 - 16:57

Lugar:

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

Prezo:

De balde

VII Certame Folc Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

O VII Certame Folk Radio Obradoiro é unha iniciativa da emisora, co apoio do Grupo Correo Gallego, para dar unha oportunidade aos grupos noveis: ademais da actuación no Teatro Principal, optan ao primeiro premio, a gravación dun disco, e contactan con programadores.

Os catro finalistas deste ano son:

Tamén están convidados para actuar Arrás!!, o grupo gañador do ano pasado.

O xurado estará composto por cinco persoas pertencentes á industria discográfica e aos medios de comunicación. Cada finalista interpretará tres cancións, das que polo menos unha debe ser de composición propia. O veredicto do xurado darase a coñecer no transcurso da propia gala.

As seis edicións anteriores foron gañadas por Alfolíes, Quempallou, Roi Xordo, Grodan Defló, Xochilmica e Arrás!! Esta iniciativa está apoiada pola Consellería de Cultura e a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Hirundo Moris en Espazos Sonoros 03/09/2010

    A cantante e arpista Arianna Savall presenta 'Peiwoh, Cantos do Norte e do Sur', unha viaxe musical a través da xeografía e do tempo, inspirada nunha lenda taoísta que narra o nacemento da arpa.
  • Marky Ramone 03/09/2010

    Marky Ramone estará na sala Capitol coa súa última banda The Blitzkrieg. O baterista dos Ramones, nacido Marc Bell (Brooklyn, NY, 1956), pasa por Santiago co seu set de 32 cancións da mítica banda de punk neoiorquina.
  • Arcade Fire+Echo & The Bunnymen+The Temper Trap+Cornelius 05/09/2010
    MTV Galicia
    O gran macroconcerto do verán chega cun cartel que capitanean os canadianos Arcade Fire xunto cos de Liverpool Echo & The Bunnymen...
  • Banda Municipal de Música na rúa 09/09/2010

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY 09/09/2010

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.