Compostela cultura

Estás en: Axenda > Música > Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade
Roi Casal
Horario:

13 de marzo de 2010
21:00

Lugar:

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo:

15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas. Entradas á venda no 902 434 443 e na billeteira electrónica de Caixa Galicia. A véspera e o mesmo día do concerto pódense mercar no despacho de billetes do Auditorio, de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ata as 20.30 horas o día do concerto.

Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade

Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade.

Un verso de Curros Enríquez dá título ao primeiro traballo en solitario do que fora durante case unha década arpista de Milladoiro. No seu disco Lendas douradas reúne unha ducia de cancións que mesturan sons que levan en Galicia dende antes da Idade Media, como o da zanfona e o da arpa, con matices pop do século XXI.

Máis información na web de Sons da Diversidade.

Ligazóns relacionadas:
O que vai vir
  • Ciclo de Lied 14/09/2010

    Unha nova edición do Ciclo de Lied titulada "Se os meus poemas tivesen ás... o lied".
  • Ignasi Terraza Trío 15/09/2010

    A ONCE organiza este concerto do pianista cego Ignasi Terraza, acompañado por Giorgious Antoniou ao contrabaixo e Esteve Pi á batería.
  • The Stringbones no Bar Embora 15/09/2010

    Dúas guitarras acústicas (unha de gypsy jazz solista e outra dos anos 30) cunha excelente voz. Seica un dos mellores cantantes en España de blues e swing.
  • JC Brooks & The Uptown Sound 18/09/2010

    A Sala Nasa abre a nova tempada con JC Brooks & The Uptown Sound, un grupo que vén directamente desde Chicago e comprométese a facer bailar ao público custe o que custe. Este concerto é de balde e coincide coa maioría de idade da Nasa, que este setembro cumpre 18 anos.
  • Real Filharmonía de Galicia, concerto de inauguración de temporada 24/09/2010
    Jonathan Webb
    A Obra Social da Fundación La Caixa presenta o concerto de inauguración da temporada 2010-2011 desta orquestra, contando con Jonathan Webb como director e Marta Matheu como soprano. Estarán acompañados polo Coro da Fundación Príncipe de Asturias.