Compostela cultura

Estás en: Ligazóns

Achegámosche unha manchea de webs de carácter institucional nas que podes acceder a unha variada información sobre iniciativas culturais sostidas por institucións radicadas na cidade de Santiago de Compostela.

Concello de Santiago
Concello de Santiago

Web do Concello de Santiago de Compostela onde se pode atopar toda a información institucional, os servizos municipais, noticias e moitos outros datos culturais e económicos da cidade.

Xunta de Galicia
Xunta de Galicia

Toda a información insitucional da Xunta de Galicia está recollida nesta web: organigrama, noticias, documentos, servizos administrativos e organismos autónomos, DOG, guía de comunicación e acceso a portais dependentes da Xunta.

Santiago Turismo
Santiago Turismo

Todo o que pode ser de interese para os visitantes da nosa cidade, recomendacións, noticias, gastronomía e unha completa información sobre os servizos turísticos da cidade pode ser consultados nesta web xestionada por Incolsa.

Santiago de Compostela Film Commission
Santiago de Compostela Film Commission

Web de Santiago de Compostela Film Commission, a oficina de promoción audiovisual creada polo Concello de Santiago de Compostela, para a difusión da cidade a través do fomento da cultura da imaxe.

Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais
Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais

Ofrece información sobre artes escénicas e musicais como o acceso á rede galega de teatros e auditorios, a programación do IGAEM, o Centro Dramático Galego, o grupo de música tradicional ou as feiras do teatro.

Consorcio Audiovisual de Galicia
Consorcio Audiovisual de Galicia

A web do Consorcio Audiovisual de Galicia dá a coñecer accións para o fomento da produción e a industria cinematográfica e audiovisual galega; iniciativas de apoio á actividade profesional e a creación de emprego na industria da imaxe e o son.

Clúster do Audiovisual Galego
Clúster do Audiovisual Galego

Información sobre sobre rodaxes, estreas e recursos vencellados a industria da imaxe e o son. Contén apartados para dar conta de cursos e mais unha axenda de cine, de festivais e concursos. Un calendario de convocatorias acolle información sobre as axudas institucionais que se veñen de convocar.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela

A web da USC achega toda a información relacionada con esta institución de ensino superior no tocante á normativa e titulacións, organización docente e departamentos, servizos de apoio á investigación e á docencia, e cursos e congresos. Ten un xornal dixital para dar conta da actualidade universitaria.

Radio e Televisión de Galicia
Radio e Televisión de Galicia

Web da Compañía de Radio e Televisión de Galicia que, amais da programación dos dous medios de comunicación de titularidade pública, abeira seccións sobre literatura, lingua e discografía galega, deportes, turismo e transportes, espazos naturais ou gastronomía.

Centro de Investigación Ramón Piñeiro
Centro de Investigación Ramón Piñeiro

O Centro de investigacións en humanidades Ramón Piñeiro conta con esta web que ofrece información sobre a súa estrutura, o seu plano de actividades e proxectos, así como sobre o seu catálogo de publicacións e unha ampla base de datos e recursos en liña.

Cultura Galega
Cultura Galega

Editado polo Consello da Cultura Galega, este xornal unicamente cultural examina a actualidade no campo que máis nos interesa. Reportaxes, crónicas de opinión, e recomendacións dende unha perspectiva moi moderna.

Vieiros
Vieiros

O maior buscador de webs galegas informa cumpridamente na súa categoría de Lecer de todos os rexistros relacionados coa arte, os libros, a música, as actividades culturais... Máis dun milleiro de posibilidades a un clic

Museo do Pobo Galego
Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo galego continúa o labor etnográfico do labor do galeguismo da preguerra e é o maior centro de investigación e exhibición da cultura tradicional galega: olería, pesca, agro...

Centro Galego de Arte Contemporánea
Centro Galego de Arte Contemporánea

O maior centro expositivo de Santiago foi construído polo arquitecto portugués Álvaro Siza. A visita ao edificio é obrigada, especialmente se se aproveita para acceder ás últimas plástica e videocreación contemporánea do planeta.

Consello da Culura Galega
Consello da Culura Galega

Organismo constituído por impulso do Estatuto de Autonomía destinado á defensa e á promoción dos valores culturais do pobo galego. Actúa como asesor do labor do executivo.

Centro Superior Bibliográfico de Galicia
Centro Superior Bibliográfico de Galicia

O Centro Superior Bibliográfico de Galicia recolle e controla a produción impresa ao tempo que organiza a documentación para a consulta pública.

Enquisa

Dos seguintes concertos das Festas do Apóstolo 2008, cal é o que máis che interesa?