Compostela cultura

Estás en: Destaques > Letras > Mil primaveras máis...
manuel lugrís freire

COMPOSTELA CELEBRA O DÍA DAS LETRAS

Mil primaveras máis...

(16/05/2006) Compostela prepárase para celebrar por todo o alto o Día das nosas Letras. A Concellaría de Cultura e o Departamento de Normalización Lingüística do Concello, xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística e a Xunta, farán do 17 de maio unha festa pola nosa lingua. Ademais, o tecido cultural e asociativo da cidade, maís vivo ca nunca destas datas, engade varias iniciativas.

Portada do cedé de Emilio Rúa. Arriba, caricatura de Manuel Lugrís Freire, o homenaxeado das Letras deste ano, e na portada, imaxe de 'Historia dunha semente', de Caramuxo Teatro

Portada do cedé de Emilio Rúa. Arriba, caricatura de Manuel Lugrís Freire, o homenaxeado das Letras deste ano, e na portada, imaxe de 'Historia dunha semente', de Caramuxo Teatro

A Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Cultura, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, e a Consellaría de Innovación e Industria, convoca unha manifestación baixo o lema a prol do cambio de status da lingua no Estatuto: "Porque temos, porque queremos, porque debemos."

A cita primordial é o 17, ás 12:00, na Alameda. De aí sairá a cidadanía que loita pola lingua. A Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Cultura, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, e a Consellaría de Innovación e Industria, convoca unha manifestación baixo o lema a prol do cambio de status da lingua no Estatuto: "Porque temos, porque queremos, porque debemos." Despois, comezará a Festa da Lingua: de catro a oito da tarde, a Praza do Toural e a Alameda compostelás vanse encher de obradoiros de internet e xogos tradicionais, animación de rúa e á lectura, teatro, música, contacontos e postos de librarías da cidade. Tamén chegan á cidade os cibercamións de A Cultura Circula. Ademais, ás 19:00 poderemos a obra Historia dunha semente, unha preciosa historia acerca dunha maceira que foi medrando aos pouquiños, da man do grupo de teatro infantil Caramuxo, a quen xa puidemos ver este ano no Pichel, e ás oito escoitaremos ao cantor Emilio Rúa, gañador do Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.

E ademais, música e festa
Pero xa á tarde-noite do martes 16 poderemos gozar do IV Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, que integran varias asociacións xuvenís de Compostela: Itaca, Galiza Nova, Asociación Parrulos, Espazo Aberto Galiza e aCasa Encantada. Nas anteriores edicións déronse a coñecer grupos coma Presencia Zero, rap metal dende Cerceda, o hard core de Fai Tun Flai, a "caña rural" de Zumbido, ou os incondicionais Loretta Martin, que pechan tamén o cartel deste ano. A condición é que as letras sexan en galego. Polo demais, todos os estilos son válidos, como demostra o cartel deste ano, que vai dende o rock de Noise Project á música tradicional brasileira de Brazukas. Tamén estarán os Redullos, un dos grupos punk con máis sona da cidade, que levan doce anos en activo. Non ha faltar a enerxía power pop de Roi, Martiño e Xocas, unha das revelacións do ano, o trío compostelán The Homens, os xa citados Loretta Martin, co seu funky, e o cantautor punk O Leo i Arremecághona!!!, co seu espectáculo Suspiros de kaña e algunha sorpresa.

Tamén haberá empanada, cerveza, viño e licor café a prezos populares, graffiti e mostra e venda de produtos de comercio xusto, coma Panxea, ou camisolas.

Na mesma liña cá Festa do Dezasete (que se celebrou o Trece), a Gentalha do Pichel organiza un xantar popular a partir das 14:00 do 17, no seu local da Rúa Santa Clara: churrasco e verduras á grella para a xente que queira gozar da festa, e, despois do sorteo dunha cesta de produtos gastronómicos, entre os participantes do seu concurso de adiviñas, comezará unha ruada normalizadora, recuperando a toponimia orixinal das rúas compostelás, para rematar ás 19:00 cunha foliada.

Lembrando a Lugrís Freire
Non poden faltar, nestes días, actividades encamiñadas a lembrar ao que foi un dos dramaturgos máis importantes do treatro social galego, ademais de poeta e narrador presidente da Real Academia e redactor do anteproxecto do Estatuto de Autonomía: Manuel Lugrís Freire. O mesmo día 17, de 10:00 a 13:30, o Espazo para a Lectura de Caixa Madrid acolle a todos os rapaces de 4 a 12 anos que queiran ir gozar das actividades lúdicas que teñen preparadas en torno a este persoeiro, a quen se lle dedica o Día das Letras este ano. Un percorrido monitorizados pola vida e obra do escritor, no que se mesturan probas e preguntas, teatro, lectura ou mesmo rompecabezas, para que os máis pequenos poidan achegarse ao autor de Sada.

Pola súa banda, o Museo do Pobo Galego celebra o Día das Letras o día 18, que coincide co Día Internacional dos Museos, para o que este ano o Internacional Council of Museum, ICOM, elixiu o lema de "Os museos e a xente nova". Ese día vaise obsequiar aos visitantes máis novos cun agasallo especial nese día de festa para todos os museos do mundo, no que ademais sae un novo número da serie dos Caderniños Didácticos do Museo, dedicado ao Tecido.

No Pazo de Bendaña, entrementres, todas as persoas que queiran ler en alto ou escoitar as palabras de Lugrís vanse dar cita de dez da mañá a oito da tarde. A Fundación Granell celebra con este maratón de lectura o Día das Letras. Ese mesmo día, a Asociación de Emigrantes Retornados Marousía organiza unha mesa redonda ás 20:00, na galería Sargadelos, arredor da figura de Lugrís Freire. No acto intervirán Anselmo López Carreira, Manuel Mera e Miro Villar.

Máis destaques de letras
Ligazóns
ACTOS:
Martes 16:
  • 18:00-02:00, Alameda: IV Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, con Noise Project, Brazukas, O Leo i Arremecághona!!!, Redullos, The Homens e Loretta Martin
Mércores 17:
  • 10:00-13:30, Biblioteca Caixa Madrid: Actividades lúdicas en torno a Manuel Lugrís
  • 12:00, Alameda: Manifestación
  • 14:00-19:00, Gentalha do Pichel: xantar popular, sorteo, ruada normalizadora e foliada
  • 16:00-19:00, Alameda e Praza do Toural: Festa pola Lingua, con animación de rúa, obradoiros de internet, animación á lectura, xogos tradicionais, teatro, música, e postos de venda das librarías das cidades.
Xoves 18:
  • 10:00-20:00, Fundación Granell: Maratón de lectura
  • 20:00, Galería Sargadelos: Mesa redonda sobre Lugrís Freire
Enquisa

Cal das actividades para celebrar o Día das Letras che gustou máis?