Parque da Alameda
Vive o Verán! presenta o Liberalibros, unha novidosa iniciativa que xorde co ánimo de fomentar as lecturas frescas de verán nos parques da cidade e divulgar a liberación de libros.
Desprenderse dun libro, compartilo, para darlle vida de novo nas mans doutra persoa. O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda converterase nun espazo de troco entre os lectores e lectoras da cidade. A temática do intercambio dedicarase a lecturas de verán.