Compostela cultura

Estás en: Axenda > Letras > Manolo Panforreteiro ofrece unha...
Manolo Panforreteiro Berrobambán

Manolo Panforreteiro ofrece unha narración con música para público familiar

Manolo Panforreteiro

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal ofrece o espectáculo 'Cun canto no pé', no que Manolo Panforreteiro desenvolve distintas historias orais con música para un público familiar.

Manuel Panforreteiro é actor de Berrobambán, músico en Kibitka, gaitero e pianista, intérprete de instrumentos tradicionais de vento e percusión, multi-instrumentista con predilección polas sonoridades e os instrumentos menos convencionais.

O que vai vir
  • Fátima Rodríguez conta 'O segredo do rei' 04/09/2010

    O sábados toca choiva de contos na biblioteca. Neste caso, Fátima Fernández descubrirá un dos miles de segredos agochados detrás das portas dos castelos: o segredo do rei.
  • Congreso IBBY 09/09/2010

    Este ano celébrase en Compostela o 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que nesta ocasión estará dedicado ás minorías. O IBBY é un colectivo sen ánimo de lucro que está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.
  • Presentación do VI Premio Estornela de teatro para nenas e nenos 03/09/2010

    A Fundación Xosé Neira Vilas presenta o VI Premio "Estornela" de teatro escrito para nenas e nenos. Na presentación intervirán Luís Reimóndez e Valentín Garcia, vicepresidente e secretario da fundación.
  • A biblioteca na praza de Cervantes 05/09/2010

    Os sábados de setembro a Biblioteca Pública Ánxel Casal sae de novo á rúa. Compartirá coa Librería Couceiro un posto na
    Praza de Cervantes, onde se dará información sobre a biblioteca e os seus servizos por medio de folletos informativos,
    un vídeo e o persoal que contestará a todas as preguntas.
  • Ciclobiblioteca 10/09/2010
    Asociación Cultural Papaventos
    Esta actividade para todos os públicos converte ciclocarros en bibliotecas móbiles para animar á lectura a través do xogo e da concienciación do respecto ao medio ambiente.