Asociación de Editores Galegos
Nesta segunda edición do Simposio O libro e a lectura abórdase a influenza das novas tecnoloxías no sector editorial, dende distintas perspectivas: as posibilidades educativas, a irrupción dos blogs coma autoedición de contidos ou a presenza do libro galego na Rede.
O encontro, que organiza a Asociación Galega de Editores co patrocinio de CEDRO e a colaboración do Consello da Cultura pretende reunir a expertos e profesionais vinculados co sector do libro e das novas tecnoloxías para coñecer de primeira man cales son os retos de futuro da industria editorial, como inciden as novas tecnoloxías no desenvolvemento do sector e que incidencia teñen na edición en lingua galega.
Dúas xornadas cun formato que se pretende dinámico e participativo, con tres conferencias por día e catro mesas redondas, nas que se reservará tempo para o debate en cada un dos actos.
Entre outros participarán José Antonio Millán (editor), Catuxa Seoane (documentalista), Juan Blanco Valdés (Servizo Publicacións Universidade de Santiago), Manuel Gago (editor de culturagalega.org), Jacobo Bermejo (impresor), Joan Badía Solé (Xerox España), José María Barandiarán (consultor), Diego Vázquez Rey (Imaxin Software), María Gómez Bravo (Galinus), Carme García Mateo (Grupo de Tecnoloxías do Sinal, U. de Vigo), Manuel Martínez Barreiro (Acordar), Rogerio Santos (Universidade Católica, Lisboa), Laura Tato (Biblioteca Virtual, U. da Coruña), Santiago Jaureguízar (xornalista e escritor), Leovigildo García Bobadilla (asesoría xurídica do gruo Filmax), Francisco Castro (escritor), Uxía Casal (escritora), Xavier Cid (xornalista), Óscar Sánchez (físico), María Yáñez (xornalista)...