Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290
Fax: 981 574 250
Correo: Contactar
Web: http://auditorio.compostelacultura.org/
Organigrama: Pablo Rodríguez, director/xerente
Este organismo autónomo de carácter local e proxectado polo arquitecto Julio Cano Lusso, foi construído no ano 1989 e está dedicado á exhibición e produción de concertos, danza e ópera; acolle tamén exposicións de carácter temporal.
É sede permanente da Real Filharmonía de Galicia, dirixida dende a súa fundación polo mestre alemán Helmuth Rilling, co compostelán Maximino Zumalave como segundo director. Dende a tempada 2000/2001, a orquestra ten á súa fronte ao mestre Antoni Ros Marbà.
O edificio de dúas plantas dispón dun vestíbulo, dúas salas de música-Sala Ángel Brage e Sala Mozart-, unha sala de exposicións-Sala Isaac Díaz Pardo-, e unha sala circular, ideal para conferencias e presentacións multimedia.
Auriol Arte
Rúa República do Salvador, 2, 2º. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 561 764
Correo: Contactar
Prezo: Galería de arte contemporáneo.
Contacto: Chicho Losa (José Luis Losa Concheiro), galerista
C5 Colección
Travesa da Universidade, 1. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 557 853
Correo: Contactar
Horario: De luns a sábado, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Prezo: De balde
Contacto: Concha Fontenla San Juan, directora
Galería de arte sita no recinto intramuros da cidade histórica de Santiago de Compostela, inaugurada o 25 de abril de 2003 e ubicada no edificio modernista do arquitecto municipal López de Rego, 1920.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Características:
Superficie dedicada a exposición: 105 m2
Casa da Parra
Praza da Quintana, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 544 860
Horario: De martes a sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00. Os domingos de 11:00 a 14:00
Prezo: De balde
Sala de exposicións dependente da Consellería de Cultura e Deportes dedicada fundamentalmente a exposicións de artistas galegos.
O edificio no que está situada data do 1683 e foi construído por Domingo de Andrade. É de cantaría de granito cuberto de tella. No século XX engadiuse un último piso, co que a casa conta xa con tres andares. Está ricamente ornamentada con as gárgolas da cornixa, as metopas, as ménsulas e os acios de uvas en relevo como marco da porta principal.
Xestión:
Pública autonómica
Titularidade:
Pública autonómica
Características:
Superficie dedicada a exposicións: 300 m2
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629
Correo: Contactar
Web: http://www.cgac.org/
Horario: De martes a domingo, de 11:00 a 20:00 horas
Proxectado e construído entre 1988 e 1993 polo arquitecto portugués Álvaro Siza (Premio Pritzker 1993), o edificio que alberga o Centro Galego de Arte Contemporánea atópase nunha das zonas monumentais máis suxestivas e simbólicas de Santiago de Compostela: no límite da cidade histórica, e ó lado da antiga porta de entrada do Camiño Francés.
O edificio conta con soto para a exposición da colección permanente, plantas baixa e primeira, para as exposicións temporais e unha terraza.
O CGAC conta cunha colección permanente coa que se intenta amosar un panorama da situación da arte contemporánea. A colección está formada por fondos da Xunta de Galicia, a colección da Fundación Arco, depositada no CGAC, e as obras adquiridas polo centro. Estes fondos expóñense no CGAC e noutros centros españois e internacionais.
Algúns dos moitos artistas desta colección son: Xoán Anleo, Giovanni Anselmo, Christian Boltanski, Pedro Calapez, Vari Caramés, Alberto Datas, Suso Fandiño, Xaime Quessada, Frank Thiel, Eulalia Valldosera, etc.
Titularidade:
Pública autonómica
Xestión:
Pública autronómica
Servizos ao público:
Centros de documentación e biblioteca
Sala de actividades
Cafetería
Visitas guiadas
Obradoiros didácticos
Servizos internos:
Servizo de publicacións
Almacéns
Departamento didáctico
Colexio de Fonseca
Praza de Fonseca, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100; ext: 11020
Correo: Contactar
Web: http://www.usc.es
Horario: De martes a sábados, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30. Os domingos de 11.00 a 14:00.
Prezo: De balde
Contacto: Susana López, técnica especialista en actividades culturais
Sala de exposicións vencellada á Universidade de Santiago.
Superficie dedicada a exposicións:257 m2
Servizos internos:
Servizo de publicacións
Almacéns
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana. Casa da Conga
Teléfono: 981 544 860
Correo: Contactar
Horario: De luns a venres, de 11:30 a 13:30 horas. Os sábados de 19:00 a 21:00 horas
Prezo: De balde
Sala de exposicións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Realiza exposicións relacionadas co mundo da arquitectura: exposicións fotográficas, de maquetas, historia dos movementeso arquitectónicos, etc
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Espacio 48
Rúa do Vilar, 48. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 575 568
Fax: 981 575 568
Correo: Contactar
Web: http://www.galeriaespacio48.com
Horario: De 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas
Pecha o mes de agosto
Contacto: Charo Santiago Pereira, galerista
Galería de arte contemporánea fundada no ano 2000.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Fundación Torrente Ballester
Rúa do Vilar, 7-9. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 552 304
Correo: fgtb@fgtb.org
Prezo: De balde
Contacto: Amparo Porta, directora
A sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester ten unha superficie útil de 1.300 metros cadrados e está dotada con biblioteca, auditorio e salas para o arquivo do escritor.
O obxectivo da Fundación é tamén o de ser un foro cultural que acolla actividades vencelladas á literatura e a outras actividades artísticas, polo que no seu espazo se realizan exposicións de carácter temporal.
Fundación Caixa Galicia
Rúa do Vilar, 19. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 552 577
Fax: 981 576 022
Correo: fundacion@caixagalicia.es
Web: http://www.fundacioncaixagalicia.org/
Horario: De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, os sábados e domingos de 16:00 a 21:00
Prezo: De balde
A Fundación de Caixa Galicia pretende dende os seus inicios achegar ao público unha oferta cultural propia. O seu grande interés polas artes plásticas levouna a ter unha das coleccións privadas de arte máis destacadas de España. Esta labor veuse recoñecida coa concesión da Medalla de ouro ao mérito das Belas Artes.
Dipón de dous salas de exposición en Compostela, a da Fundación da Caixa Galicia, situada na rúa do Vilar e a Aula de Cultura de Caixa Galicia, situada na Carreira do Conde, nº18.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Servizos ao público:
Visitas guiadas
Obradoiros didácticos
Servizos internos:
Servizo de publicacións
Departamento didáctico
Fundación-Museo Granell
Pazo de Bendaña. Praza do Toural.
Teléfono: 981 572 124/ 981 576 394
Fax: 981 564 069
Correo: Contactar
Web: http://www.fundacion-granell.org
Horario: De luns a sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Os domingos de 11.00 a 14.00 horas
Prezo: 2 €
Nenos e anciáns: entrada de balde
Estudantes: desconto do 50%
Os domingos a entrada é de balde
Contacto: Natalia Fernández, directora
Ubicado no Pazo de Bendaña o edificio levántase na primeira metade do século XVIII. A última reforma do edificio realizouse no ano 1998. O museo está dedicado á arte surrealista, con exposicións temporaise outras que amosan os fondos do museo formado pola colección de Eugenio Granell, colección surrealista, colección étnica, colección Philip West e colección de arte afrocubano.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie dedicada á exposición:
1º andar: 284 m2; 2º andar: 292 m2
Superficie total:
1514 m2 e 300 m2 de terraza
Servizos ao público:
Centros de documentación e bibliotecas
Sala de actividades
Visitas guiadas
Obradoiros didácticos
Servizos internos:
Obradoiro de restauración
Servizo de publicacións
Almacéns
Departamento didáctico
Galería Citania
Algalia de Abaixo, 39. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 589 385
Contacto: Euloxio Ruibal
Galería DF_Arte contemporánea
Rúa de San Pedro, 11. Santiago de Compostela
Teléfono: 607 247 525/ 981 577 551
Fax: 981 577 551
Correo: Contactar
Horario: De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
Prezo: De balde
Contacto: Digna Sánchez e Francisco Álvarez
Galería de arte contemporánea. Expresións artísticas innovadoras: instalacións, performances, exposicións de arte non convencional.
Estas son algunhas das exposicións que realizou ata o momento a Galería DF:
Exposición pictórica do artista taiwanés Ming Yi Chou, do 1 de octubre ao 12 de novembro de 2004
Bola 8, exposición colectiva, do 19 de novembro ao 30 de decembro de 2004
Greens, exposición do artista madrileño Antonio Ballester, do 8 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2005
Nana se pregunta si es que es feliz, videoinstalación da artista pamplonesa Eva Morant Artazkoz
Micropaisajesmacroeconómicos, exposición do artista canario Nicolás Laiz
Exposición do artista galego Carlos Rodríguez Méndez, na que amosa as súas intervencións sobre o espazo
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie dedicada a exposicións: 43 m2
Galería Eme-C
Xeneral Pardiñas,10-12, esq.Montero Ríos. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 935 413
Fax: 981 935 413
Correo: m.c@mundo-r.com
Horario: De luns a venres, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30
Contacto: Javier Blanco, director
Galería privada de arte.
Galería José Lorenzo
Travesa do Franco, 3,1º
Teléfono: 981 577 740
Correo: Contactar
Web: http://www.galeriajoselorenzo.com
Horario: De luns a sábado, de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:00
Os domingos só abre pola mañá de 11:30 a 14:00
Contacto: Cristina Carballedo
Esta galería conta dúas salas. A da Praza do Toural dispón dun espazo expositivo dividido en tres áreas: un área dedicada a exposicións temporais, un fondo de galería dedicado a pintura do século XX e un xardín para exposicións de escultores contemporáneos. O seu interese está na promoción e difusión da arte contemporánea e na divulgación da obra de mestres modernos.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Galería Sol & Bartolomé
Rúa de San Francisco, 30. 15705
Teléfono: 981 575 085
Fax: 981 575 085
Correo: galeria@solybartolome.com
Web: http://www.solybartolome.com
Horario:
De luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Sábados solicitar cita
Domingos pechado
Prezo: De balde
Contacto: Emilio Sol y Bartolomé
Esta galería de arte contemporáneo ten como principais obxectivos a promoción de artistas españois e galegos -tanto en Galiza e España, como no extranxeiro, xa que actúa como marchante-.
A galería conta con 70 m2 para a exposición de pintura, escultura, esmalte e fotografía.
Conta con obradoiro de esmaltes a lume.
Dispón dun servizo de arrendamento de obras de arte para empresas, entidades, actos culturais ou rodaxes de películas.
Titularidade e xestión privada.
Galería Durán
Montero Rios, 18, esquina Xeneral Pardiñas. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 577 158 / 629 754 660
Correo: Contactar
Horario: De luns a sábado, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00
Prezo: De balde
Contacto: Indalecio Durán Franco, director
Tenda de compra e venta de pintura galega. Fundada en xuño de 2001.
Galería Paloma Pintos
Rúa Xelmírez, 25. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 576 239
Fax: 981 594 195
Correo: galeriapalomapintos@wanadoo.es
Horario: De luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 18:30 e 21:00
Pecha o mes de agosto
Prezo: de balde
Contacto: Paloma Pintos Moreu, directora
Galería fundada en 1996, dedica a súa actividade á promoción e comercio de arte contemporáneo.
Realiza exposicións mensuais de artistas galegos e españois.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie dedicada a exposicións:35 m2
Superficie total:37 m2
Servizos internos:
Departamento didáctico
Galería Sargadelos
Rúa Nova, 16. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 888
Fax: 981 581 888
Correo: Contactar
Web: http://www.sargadelos.com/
Horario: De luns a sábados, de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00
Prezo: De balde
Contacto: José Luis Vázquez, xerente
Esta galería de Compostela inaugurouse o Día das Letras de 1978.
A galería, igual que as once restantes, funciona como libraría especializada en libro galego, punto de venda da cerámica de Sargadelos e realiza exposicións, presentación de libros, conferencias, etc.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie dedicada a exposicións: 600 m2
Superficie total: 1200 m2
Servizos internos:
Servizo de publicacións
Almacéns
Galería SCQ
Rúa Pérez Costanti, 12. 15702, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 579 946
Fax: 981 579 922
Correo: Contactar
Web: http://www.galeriaSCQ.com
Horario: De luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Os sábados hai que solicitar cita
Pecha o mes de agosto
Contacto: Adolfo Sobrino, director
Mónica Iglesias, dirección técnica
Inaugurada en marzo de 1997 coa obra Carmen Calvo, pretende difundir en Galicia as novas tendencias de arte contemporáneo en pintura, fotografía e escultura, a través do traballo de artistas nacionais e internacionais de recoñecido prestixio e promocionando a xoves artistas galegos, completando estas actividades coa edición de catálogos.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie dedicada a exposicións: 220 m2
Superficie total da galería: 270 m2
Servizos internos:
Servizo de publicacións
Almacéns
Departamento didáctico
Servizos ao público:
Visitas guiadas (solicitar cita)
Galería Trinta
Virxe da Cerca, 24. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 584 623
Fax: 981 584 623
Correo: Contactar
Horario: De luns a venres, de 12:30 a 14:30 e de 17:30 a 21:00 horas.
Os sábados, solicitar cita.
Contacto: Asunta Rodríguez, directora
Galería de arte contemporánea, fundada en 1985.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Espazo dedicado a exposicións:220 m2
Igrexa da Universidade
Praza da Universidade, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100; ext: 11020
Correo: Contactar
Web: http://www.usc.es
Horario: De martes a sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
Os domingos de 11:00 a 14:00
Contacto: Susana López, técnica especialista en actividades culturais
Sala de exposicións vencellada á Universidade de Santiago de Compostela, situada na Igrexa da Universidade, a carón da Facultade de Xeografía e Historia.
Superficie dedicada a exposicións: 350 m2
Superficie total: 500 m2
Servizos internos:
Obradoiro de restauración
Servizo de publicacións
Almacéns
Museo da Casa da Troia
Rúa da Troia, 5. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 585 159
Fax: 981 574 419
Web: http://www.usc.es/ctroia/galego/casa.html
Horario: De martes a sábados, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas
Prezo: 2 €
Descontos a estudantes: 1 €
Contacto: Benigno Amor Rodríguez, presidente
O edificio data do século XVIII. Consta dun soto, tres andares e un pequeno ático. Dende 1886 ata 1906 funcionou como pensión de estudiantes.
Nos anos 90 rehabilitouse a casa e recopilouse unha colección de obxectos, mobles, cadros e fotografías da época na que a casa fora pensión.
Abreu as súas portas como museo no ano 1993, e é xestionado por un Padroado formado pola Asociación de Antiguos Tunos Composteláns, o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
Titularidade:
Compartida
Xestión:
Compartida
Espazo dedicado á exposición:180 m2
Servizos ao público:
Arquivo gráfico
Visitas guiadas
Museo da Catedral
Praza das Praterías, s/n
Teléfono: 981 560 527
Fax: 981 563 366
Correo: Contactar
Web: http://www.catedraldesantiago.es/
Horario: Do 01/10 ao 31/05: de luns a sábado de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30
Do 01/06 ao 31/09: de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Os domingos abre de 10:00 a 14:00 horas
Pecha os días: 1 e 6 de xaneiro, 25 de xullo, 15 de agosto, 25 da decembro
Pecha as tardes de Xoves Santo, Venres Santo, Martes de entroido, 19 de marzo, 1 de novembro e 8, 24 e 31 de decembro
Prezo: Visita ao museo: 5 €
Visita ao museo e ás cubertas da catedral: 10 €
Descontos:
Nenos e estudiantes: 1 €
Xubilados e grupos: 3 €
Contacto: Salvador Domato Búa, director
O Museo foi fundado no 1930 e nel recóllense as pegadas da historia do santuario que custodia a tumba do apóstolo. O percorrido do Museo conta con catro zonas de acceso independente, situadas en distintas dependencias da Catedral.
Cripta do Pórtico da Gloria: situada baixo a fachada do pórtico da Gloria do Mestre Mateo.
Espazo Sacro-Capela das Reliquias-Panteón Real e tesouro: nun lateral da Catedral atópase este espazo comunicado co claustro pola "Porta de Fonseca", neste lugar pódense contemplar os sepulcros dos reis de León e os seus familiares, o Retábulo das Reliquias, pezas de ouriveiría, elementos litúrxicos, destaca a Custodia Procesional, realizada por Antonio Arfe.
Espazos do Claustro: ocupan catro plantas do lenzo occidental do Claustro catedralicio, neste espazo faise un percorrido pola historia e as testemuñas artísticas da Catedral, dende as primeiras basílicas e primeiros restos arqueolóxicos, o Románico, a obra do Mestre Mateo (reconstrucción do coro pétreo da Cateral, a escultura na catedral entre os séculos XII e XVIII, o Claustro Manierista, a Biblioteca (onde se expón o botafumeiro) e a Sala Capitular, na planta superior exponse a colección de tapices ( hai expostas pezas de Goya).
Pazo de Xelmírez: é un fermoso exemplo de arquitectura civil medieval, este espazo está dedicado xeralmente a exposicións de carácter temporal.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Superficie de dicada a exposicións: 5000 m2
Superficie total: 8000 m2
Servizos ao público:
Centros de documentación e bibliotecas
Arquivo gráfico
Sala de actividades
Visitas guiadas
Obradoiros didácticos
Audioguías
Servizos internos:
Almacéns
Departamento didáctico
Museo da Colexiata do Sar
Colexiata de Santa Mª do Sar
Teléfono: 981 562 891
Correo: Contactar
Horario: De luns a sábados, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00
Os domingos só en horario de mañá
Prezo: 1,00 €
Contacto: José Porto Buceta, párroco
Este museo está situado na igrexa románica de Santa María do Sar.
É un museo de pequenas dimensións fundado a mediados dos anos 70. Conta con pezas de gran valor historico e documental, como o pergamiño fundacional do templo, datado en 1136 e selado polo arcebispo Diego Xelmírez.
Hai unha sección dedicada á ourivería que conta con obxectos litúrxicos realizados en obradoiros composteláns durante o século XVIII.
A sección arqueolóxica comprende pezas do antigo claustro románico, obra do Mestro Mateo ou da súa escola.
Titularidade:
Privada
Xestión:
Privada
Museo das Peregrinacións
Praza de San Miguel dos Agros, 4. 15704, santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 558
Fax: 981 581 955
Correo: Contactar
Web: http://www.mdperegrinacions.com/
Horario: De martes a venres de 10:00 a 20:00
Os sábados de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00
Os domingos de 10:30 a 13:30 horas
Prezo: 2.40 €
Descontos do 50% para titulares de carné xove ou tarxeta universitaria
Entrada de balde para: menores de 18 anos, maiores de 65, xubilados, parados, peregrinos que presenten a Compostela, grupos que superen as 15 persoas e pidan
Organigrama: Bieito Pérez Outeiriño, director
O Museo das Peregrinacións creouse no ano 1951 a iniciativa de D. Manuel Chamoso Lamas. Ainda quen non abriría definitivamente ata febreiro de 1996.
Ubícase na Casa Gótica, con rasgos constructivos do S.XIV, aínda que con importantes remodelacións posteriores.
A exposición permanente está distribuída nas seguintes salas:
"Sala I.- A peregrinación: un camino ritual de peregrinación. Sala II.- Orixes do Culto Xacobeo: A traslación do corpo de Santiago. Sala III.- Santiago, catedral e cidade: O sepulcro do Apóstolo como xerador da urbe compostelá. Sala IV.- Peregrinos a Santiago: Camiños e Ritos Sala V.- Iconografía de Santiago: A imaxe de Santiago na historia / (area de descanso e antigua cociña). Sala VI.- Gremios e tradicións artesáns en Compostela. Sala VII.- Gravados composteláns. Sala VIII.- A harmonía do Universo: A musicalidade do Pórtico.
Tamén realiza exposicións de carácter temporal
Servizos ao público:
Centros de documentación e bibliotecas
Arquivo gráfico
Visitas guiadas
Museo de Arte Sacra
Mosteiro de San Paio de Antelatares. Rúa Vía Sacra, s/n
A mosteiro de San Paio de Antealtares ten as súas orixes no século IX e está profundamente vencellado ao descubrimento do corpo do Apóstolo Santiago. O rei Afonso II fundouno preto do sepulcropara os benedictinos que custodiaban as reliquias de Santiago. Este labor foi o eixo das tarefas da comunidade durante séculos, é o froito desa labor xerou un legado cultural, parte do cal, se alberga hoxe no Museo de Arte Sacra. Atópanse pezas como un Cristo do século XIII pertencente á antiga igrexa románica, unha edición de 1610 da Regra de San Bieito e o relicario de prata que garda o brazo de San Paio. Expóñense ademais pezas de escultura, pintura, ourivería, ornamentos litúrxicos e documentos.
Titularidade:
Xestión:
Características:
Servizos ao público:
Servizos internos:
Museo de Terra Santa
Convento de San Francisco, s/n
Teléfono: 981 581 600
Actualmente permanece pechado
Museo do Acibeche
Praza de Cervantes, 12. 15704, Santiago de Compostela
Contacto: Familia Maroño
Proxecto de carácter privado. É un espazo que ensina o qué é este material e cómo se talla, ademais mostra un número importante de pezas deste material. O museo acolle arredor de trescentas pezas, acompañadas de carteis explicativos sobre a historia, natureza e propiedades do acibeche. Ao fondo do local, o labor dun ourive exhibe o xeito en que se traballa esta substancia fósil. A colección está formada por pezas galegas e asturianas, a máis antiga data do XVI, pero a maioría son modernas. Os motivos máis comúns das tallas son os vencellados ao Camiño de Santiago: vieiras e estatuíñas do Apóstolo ou unha Porta Santa prateada coas figuriñas en acibeche.
Museo do Pobo Galego
San Domingos de Bonaval, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 583 620
Fax: 981 554 840
Correo: museodopobo@interbook.net
Web: http://www.museodopobo.es
Horario: De martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas Os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas
Prezo: De balde
Contacto: María Xosé Fernández, secretaria
Museo de antropoloxía galega, fundado en 1976 polo Padroado do Museo do Pobo Galego; inaugurado o 29 de outubro de 1977 no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido en uso polo Concello de Santiago de Compostela.
Salas permanentes: O mar; O campo; Os oficios(latoeiros, afiadores e paraugueiros, zarralleiros e cantorleiros, zapateiros e zoqueiros, telleiros, serranchíns e carpinteiros, ferreiros e ferradores, canteiros, cesteiros, oleiros, o tecido); O traxe e o encaixe; A música; Hábitat e arquitectura popular; A sociedade: memoria e tradición; Seccións de arqueoloxía e de arte.
Realiza tamén exposicións de carácter temporal.
Titularidade:
Privada
Superficie dedicada a exposicións: 3300 m2
Superficie total: 5720 m2
Servizos ao público:
Centros de documentación e bibliotecas
Arquivo gráfico
Sala de actividades
Obradoiros didácticos
Servizos internos:
Obradoiro de restauración
Servizo de publicacións
Almacéns
Departamento didáctico
Petronio Arte
Rúa de San Pedro, 30, baixo
Teléfono: 981 572 622
Horario: De 10:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30.
A galería, inaugurada en Compostela o 28 de febreiro de 2007, conta cunha exposicion permanente de obras de Xoti de Luis, Xulio Maside, Antonio G.Patiño, Xoán Pardiñas, Alfonso Abelenda, Tim Beherens, Álvaro Caruncho, Camilo Otero e Jorge Castillo, entroutros. Cada tres meses hai tamén unha exposición individual.
Zona C
San Domingos de Bonaval, s/n, Compostela
Horario: De martes a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.
A máis recente incorporación ás infraestruturas da Concellaría é a Zona "C", un espazo de creación múltiple xestionado a través do Auditorio de Galicia. As propostas artísticas de vangarda teñen o seu lugar nesta sala.