Compostela cultura

Estás en: Arte »Artes audiovisuais » Fotografía
Artistas

Barros Angueira, Virginia

Rúa Concheiros nº 22-4º D, 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 58 39 19

Fax: 669 76 31 37

Artista brasileña residente en Compostela. Diplomouse en Belas Artes e especializouse en fotografía e gravado.

Obras:

Ten realizado as seguintes exposición individuais:
1992: Exposición de gravados. "Monotipos y fotomontajes" en Santiago de Compostela
1993: Exposición fotográfica. "Galicia. Noroeste de España" en Alemaña
1994: Exposición fotográfica."Representaciones oníricas". na Galería Sargadelos en Santiago de Compostela
1996: Exposición fotográfica. "Nova York: outra mirada" na Aula de Cultura en Betanzos
1999-2000:Exposición de gravados. "Fósiles" no Pub Modus Vivendi en Santiago de Compostela

Participou nas seguintes exposicións colectivas:
1991-92: "Fotoxornalismo" Lugo; "Galicia en Foco" en Ferrol
1993: "Otoño fotográfico"na Sala Liceo en Ourense
2001: Exposicón de gravados. "16 en Compostela" no Araguaney en Santiago de Compostela

Artistas

Fuco Reyes

Rúa Presidente Salvador Allende 8-1ºA

Teléfono: 619 524459

Correo: info@fucoreyes.com

Web: http://www.fucoreyes.com/

A traxectoria deste fotógrafo freelance compostelán recentemente incorporado á fotografía profesional é variada e multidisciplinar. Logo de estudar nos Estados Unidos licenciouse en psicoloxía e estudou xornalismo na Faculdade De Ciencias da Información de Santiago. Traballou en diferentes publicacións relacionadas coa fotografía e, nos últimos anos, realizou diferentes exposicións tanto individuais como conxuntas amosando unha capacidade creativa e artística moi prolífica e variada, sempre en busca dun xeito especial de ollar á realidade.

Na actualidade segue a traballar na súa obra persoal e aplica a súa visión á fotografía máis comercial, realizando traballos de reportaxe social, eventos, fotografía editorial, interiorismo e de reprodución de obras de arte. Compaxina estas actividades coa impartición de cursos de técnica e creación fotográfica.

Tanto o seu traballo persoal como o comercial pode contemplarse na súa páxina web que actualiza mensualmente con novos traballos e na que se poden atopar textos e galerías de imaxes que reflexan o seu peculiar xeito de mirar o mundo e, en definitiva, de si propio.

Artistas

Gómez Nóvoa, M. Carmen (Maika G. Nóvoa)

Rúa Nova (Casco antigo) nº 39-3º 15705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 58 45 05 / 617 51 61 50

Correo: Contactar

Naceu en Santiago no 1957, diplomouse en Belas Artes e especializouse en pintura e fotografía.

Obras:

INDIVIDUAIS: 1988 Casa da Parra. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela (A Coruña) | 1988 "Piwnica pod Baranami". Pazo Potowski. Cracovia (Polonia) | 1990 Galería Trinta. Clube Financeiro da Coruña | 1998-99 "Maika Novoa". Xunta de Galicia. Itinerante: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra | 1998 "Nocturnos". Casa de Galicia. Xunta de Galicia. Madrid

COLECTIVAS: 1986 "Babel". Galería Trinta. Santiago de Compostela (A Coruña) | 1987 "15 en Trinta". Galería Trinta. Santiago de Compostela (A Coruña) | 1991 "Elementos". Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela (A Coruña) | 2000 Proxecto Home. Pazo de Fonseca. Santiago de Compostela (A Coruña) | 2000 "Artistas composteláns". Galería Citania

Artistas

Taboada, Rosa

Algalia de Arriba 36, 2º esq. 15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 575 251/ 663 069 210

Correo: Contactar

Web: http://www.rosataboada.com/

A relación coa fotografía iníciase coa adquisición da súa primeira cámara, cara aos trece ou catorce anos, e desde entón non cesou de crear e formarse. En marzo do 96 visita unha exposición na Fundación Eugenio Granell de fotografías de Man Ray, onde quedou impresionada pola beleza das súas imaxes e da súa técnica: 'Eu non fotografo a natureza, fotografo a miña imaxinación'. Como estudante de Filosofía, realizou fotografías para varias reportaxes: O cuarto poder, Filosofía e Ideoloxía e Antropoloxía de Galicia.

En xullo do 99 viaxou por primeira vez a Paris cunha bolsa oficial para aprender o idioma, pero coa secreta intención de realizar fotografías e coa súa vella cámara ao ombreiro percorre todas as galerías, centros e exposicións de fotografía que había na capital da luz. De volta, descobre a maxia do positivado das imaxes nun laboratorio de fabricación caseira. Dous anos máis tarde regresa a Paris como residente no Colexio de España. Comeza a experimentar coa fotografía dixital e adquire formación de programas de edición de imaxe no Centro Multimedia de Galicia.

A partir do 2003 colabora realizando reportaxes publicitarias para un estudo de comunicación visual. En abril do 2006 toma a decisión de dedicarse a la fotografía profesional e en xullo do mesmo ano resulta seleccionada para participar en o Taller Pablo Picasso 2006 impartido por Isabel Muñoz no Museo Unión Fenosa de Arte Contemporánea.

Enquisa

De entre as vindeiras citas de Sons da Diversidade, con cal quedas?