Compostela cultura

 
Directorio cultural
Os protagonistas e espazos da vida cultural compostelana ao teu alcance. Neste directorio atoparás información dos equipamentos, dos creadores e das entidades culturais de Compostela.

Quen é quen no teatro, na literatura, na música de Santiago? Con que medios contan as salas de espectáculos da cidade? Onde podes mercar un libro? Con que escritores compartimos as rúas?

O directorio cultural é unha fiestra aberta aos cidadáns e cidadás composteláns, aos visitantes e a todas as persoas interesadas en saber máis das producións e propostas culturais da nosa cidade.

Este é un arquivo vivo, que se enriquecerá días a día dando de alta novas asociacións, salas, empresas culturais ou artistas. Se participas nalgunha iniciativa cultural de Santiago de Compostela tes o teu lugar neste directorio. Achéganos os teus datos, súmate a Compostela Cultura.

Contacta con nós
Enquisa

Cal dos seguintes eventos musicais do mes de outubro che resulta máis suxestivo?