Compostela cultura

Consello de compostela cultura

Calendario electoral para o Consello de Compostela Cultura


8 de setembro: publicación do censo inicial
Até o 19 de setembro: prazo para formular reclamacións e solicitar inclusión no censo.
29 de setembro: publicación do censo definitivo
Do 30 de setembro ao 16 de outubro: prazo para a presentación de candidaturas.
Do 17 ao 20 de outubro: publicación das candidaturas e prazo.

Eleccións:

21 de outubro:
Ás 20 h, Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Asociacionismo Cultural.
Ás 20 h, Sala Circular do Auditorio de Galicia, Industrias Culturais.
Ás 20 h, no Centro Sociocultural do Ensanche, Fundacións.
Ás 20 h, no Centro Sociocultural das Fontiñas, Grupos Amadores artes escénicas e musicais.

22 de outubro:
Ás 20 h, CSC do Ensanche, Bibliotecas
Ás 20 h, na Sala Circular do Auditorio de Galicia, Artistas e Creadores.

30 de outubro:
Nomeamentos pleno do Concello (persoas de recoñecido prestixio, membros dos grupos municipais).

Até o 30 de outubro:
Prazo para o nomeamento dos representantes institucionais (Xunta, Universidade, Consello da Cultura Galega....) e dos Consellos Sectoriais (Centros Socioculturais e Relacións Veciñais).

Formación do censo de electores e elixíbeis

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais habilitou un espazo neste web para, coa colaboración de todas as asociacións interesadas, formar un censo provisional de entidades electoras e elixíbeis.

No censo provisional incluíronse as entidades "de oficio" as entidades culturais xa inscritas no Rexistro Municipal e as que sobardan o ámbito local actúan en Compostela e teñen colaborado co Concello así como aquelas que solicitaron a súa inclusión no prazo comprendido entre o 18 de abril e o 23 de maio.

O censo provisional vai servir de base para a elaboración do censo definitivo e a convocatoria de eleccións sectoriais.