Compostela cultura

Estás en: Axenda > Conferencias > 'Camiños no ar',...
Lecer
Horario:

4 de agosto de 2009 - 7 de agosto de 2009
11:00 - 13:00

Lugar:

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
(Máximo 20 prazas.)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

'Camiños no ar', actividades de verán para os máis pequenos

Marta Pereira

A vida é movemento pero, ás veces, pasa desapercibido. Durante o día a xente vai dun lugar a outro, camiña, danza, senta, cruza as pernas ou levanta as mans... e así até a noite.

Ao durmir todo parece estar quedo, mais non é así, o movemento continúa no corpo e no espacio. As estrelas ou a Terra seguen o seu camiño. Neste taller a danza será o vehículo para facer camiños no ar.

Para nenos e neas de 4 a 6 anos.

O que vai vir