Parque de Bonaval
O programa Vive o Verán pretende introducir hábitos saudábeis na poboación da cidade. Neste curso introducirase aos inscritos na práctica do tai chi e o chi kung.
O tai chi está a acadar un gran recoñecemento pola comunidade médica como un eficaz sistema de exercicios suaves que contribúen a aliviar os síntomas de enfermidades crónicas como a fibromialxia, osteoporose, etc., e mellorar a saúde en xeral.
Algúns dos beneficios máis importantes son a mellora da forza, o equilibrio e a coordinación, en relación co aparato locomotor. No apartado cardiovascular aumenta a circulación periférica e normaliza a tensión arterial. No aparato respiratorio, ademias de realizar unha masaxe dos órganos internos, aumenta a nosa capacidade aeróbica e, por último, no traballo mental chega a incrementar a nosa capacidade de relaxación, concentración e memoria.